Crianzas desaparecidas dos centros de persoas refuxiadas en territorio comunitario, captadas por redes de trata, centros de menores non acompañados-as saturados, adolescentes vivindo na rúa en grandes ciudades europeas, nenos e nenas de curta idade que tentan suicidarse en centros de refuxiados. Os centos de menores de idade que perden a vida nas rotas terrestres e marítimas.  Este é o escenario do que parte esta VI Xornada, que ten por título “Nenos, nenas e adolescentes nas fronteiras de Europa. Unha revisión dende a perspectiva de dereitos de infancia”.

O primeiro relatorio correrá a cargo de Xabier Ron, membro do Foro Galego de Inmigración dende a súa fundación, docente, activista e militante de Esquerda Unida.

A continuación intervirá Ana Miranda, deputada no parlamento Europeo polo BNG, membro da Comisión de Inmigración, embarcada no buque Open Arms durante a crise do Aquarius.

Finalizará a quenda de intervencións José Palazón, Presidente da Asociación Prodein, que leva décadas denunciando a situación dos nenos, nenas e adolescentes non acompañados-as en Ceuta e Melilla e as condicións nas que se atopan os centros de menores destas ciudades.

Para finalizar o evento abrirase un coloquio.