A perda de imparcialidade de orixe non pode ser emendada en ningún caso mediante a imparcialidade de exercicio. Mais é que, ademais, non o está sendo.

 

Las defensas del "procés" se quejan de que Marchena suplantó a las acusaciones

 

Á falta de imparcialidade obxectiva de orixe do presidente do Tribunal desde o momento en que se fixo público o whatsapp do senador Cosidó, foise engadindo unha falta de imparcialidade de exercicio na dirección do xulgamento. Era practicamente inevitábel que así ocorrese. Cando se tivo unha complicidade tan intensa cos dirixentes do PP que pilotaban a renovación do Consello Xeral do Poder Xudiciario, en que Manuel Marchena ocupaba un lugar capital, era imposíbel que tal complicidade non acabase tornándose visíbel na dirección do xulgamento.

Tanto vai o cántaro á fonte…, reza un coñecido refrán. É o que veu dicir International Trial Watch (ITW) nunha nota que fixo pública no día de onte. “A actitude desconsiderada e limitativa do presidente da sala coas defensas chegou esta semana ao seu grao máximo de aparente perda de imparcialidade obxectiva”. Non só puido ser constatado ao longo do xulgamento unha diferenza de trato das testemuñas policiais e das testemuñas cidadás, senón que ademais se chegou a emitir unha “nota de prensa oficiosa da sala”, que supón unha “reprimenda extra procesual” á defensa de Jordi Cuixart. Coa esta nota interférese na estratexia da defensa, algo que “escapa diametralmente da imparcialidade obxectiva que debería rexer o arbitrio do tribunal e podería derivar nunha limitación do dereito de defensa”.

Na miña opinión, o momento máximo de perda de imparcialidade obxectiva produciuse no comezo do xuízo, na declaración como testemuña do ex presidente do Goberno Mariano Rajoy. A testemuña ten obrigación de contestar a todo o que se lle pregunta que sexa pertinente para a formación dun xuízo por parte do Tribunal. Non pode responder con evasivas. E moito menos ocultar información ou non transmitir toda a información relevante coa precisión con que ten que facelo. O presidente do Tribunal permitiu, sen facer a advertencia oportuna, que o ex presidente do Goberno sacidose a agua do capote. E non nun asunto menor, senón en todo o relativo á comunicación que através do Lehendakari Iñigo Urkullu, mantiveron Mariano Rajoy e Carles Puigdemont.

Despois tivemos información polo testemuño do Lehendakari da duración e a intensidade da comunicación entre o presidente do Goberno e o president da Generalitat, quedando claro de maneira patente que Mariano Rajoy faltara á obrigación de dicir toda a verdade sobre o que se lle perguntara expresamente.

Mariano Rajoy non podía transmitir a información da mesma maneira que a transmitiu Iñigo Urkullu, porque a súa posición no proceso de comunicación fora moi diferente á deste. Mais si tiña obrigación de informar de cando empezou o proceso de comunicación, canto durara, de que se discutiu. O seu testemuño era insubstituíbel, porque a súa posición en todo o proceso era a máis decisiva. A mesma información proporcionada polo presidente do Goberno ten un valor que non pode ter cando a proporciona outra persoa. E ao longo da declaración de Mariano Rajoy houbo indicios sobrados de que non contestaba como ten obrigación de contestar unha testemuña nun proceso penal. E o presidente do Tribunal tolerouno facendo abandono da súa obrigación de dirixir “imparcialmente” o xuízo.

Despois foron numerosas as ocasións en que se puido apreciar a diferenza de trato entre unhas testemuñas e outras á que fai referencia ITW na nota xa aludida. Para min, a máis expresiva de todas é a que tivo lugar na sesión en que declarou como testemuña o tenente coronel da Garda Civil, Daniel Baena. O presidente do Tribunal permitiulle que até en catro ocasións referísese á existencia dun “clima insurreccional”, que convertera Catalunya nunha “barril de pólvora” que podía estalar en calquera momento, algo que, “afortunadamente”, non ocorreu.

En contraposición, o presidente do Tribunal foi tallante á hora de impedir que as testemuñas da defensa puidesen emitir opinión persoal de ningún tipo.

Está a pasar o que tiña que pasar. A perda de imparcialidade de orixe non pode ser emendada en ningún caso mediante a imparcialidade de exercicio. Mais é que, ademais, non o está sendo.

Javier Pérez Royo

eldiario.es