A entidade alerta que “os delitos de sedición e rebelión están baseados nuns atestados asinados” polo tenente coronel e denuncia o perfil anónimo do Twitter desde o cal “se criminalizaba o movemento independentista con mentiras”.

  • Imatge del vídeo d’Òmnium EPA.
  • Imatge del vídeo d’Òmnium EPA.

Òmnium Cul­tu­ral divulga un vídeo nas redes sociais en que torna denunciar o “falso testemuño” dun axente da Garda Civil no xulgamento do 1-O. Fíxase concretamente na declaración da pasada terza-feira do tenente coronel Daniel Baena, autor de relatorios parciais e falsos que levaron á cadea o seu presidente. Baena afirmou sob xuramento non ser del o perfil anónimo de Tácito nunha conta do Twitter en que “se desacreditaba e criminalizaba o movemento independentista con mentiras”.