“Hai moito tempo que reclamo desde este espazo unha depuración das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado, entre cuxas fileiras existen grupúsculos moi radicalizados, que desenvolven o seu labor como unha especie de irmandade paramilitar en que cren ter un cheque en branco para exerceren violencia”, afirma David Bollero, colaborador do xornal Público, que publica imaxes inquietantes sobre o culto ás armas, a paixón polo ataque antes que pola defensa e a mediación, e a fartura que provocan a estes axentes as misións pacíficas.

Todas as fotografias foron encontradas en perfis públicos de membros destes corpos. Xulgai vós.