A comunidade mapuche demanda protección para os presos políticos nos cárceres da Araucanía chilena expostos ao risco do covid-19 por falta de coidados. Entre eles, o lonko Facundo Jones Huala, que está en cuarentena despois de entrevistarse cunha funcionaria xudicial que tiña síntomas antes da visita.

 

Los Mapuches en Chile y Argentina, entre la violencia y la estigmatización                                  Marcha en Santiago de Chile (Mario Téllez – Agencia Anadolu)

 

 

Desde a Araucanía chegan voces que claman por protección e amparo por trás dos muros. No pasado 13 de maio, o pobo mapuche, historicamente criminalizado dos dous lados da cordilleira, pede pola protección das persoas privadas de liberdade por defenderen o seu corpo-territorio ancestral. Desde os cárceres de Temuco e Angol, en prisión preventiva ou con condena firme, peden que se preserve o seu dereito á vida.

Familiares, Amigos e Rede de Apoio Machi Celestino Córdova denunciaron o pasado 25 de abril a negativa do goberno a protexer a vida e a integridade física dos presos mapuches frente ao rápido avance do covid-19. A Xendarmería chilena deixou entrar unha funcionaria da institución que estaba facendo as probas por covid-19 para entrevistarse co lonko Facundo Jones Huala e outras persoas privadas da liberdade no cárcere de Temuco. Dous días despois, o lonko foi separado do resto dos presos mapuches, expresaron no seu comunicado. Finalmente os resultados das probas de hisopado que foron realizadas a Facundo Jones Huala deron negativo. Ainda así deberá permanecer en confinamento solitario preventivo 15 días.

O Comité por lxs Presxs dos Pueblos Indígenas, en Arxentina, emitiu un comunicado en que solicitan ao Estado arxentino que inicie accións para repatriar Facundo Jones Huala, encarcerado nese país. No documento denuncian “o actuar criminoso do goberno de Sebastián Piñera” e chaman á solidariedade internacional ante a inxusta situación de discriminación que sofre o pobo mapuche. O lonko Facundo Jones Huala foi extraditado ao país trasandino e condenado con escasas probas e en base a moitas suposicións, a construción do inimigo para facilitar a apropiación das terras. As terras patagónicas tanto dun lado como do outro da fronteira teñen riquezas naturais incalculabeis: auga, gas, petróleo, entre outras. O escollo para a explotación son os pobos orixinarios.

 

Coronavirus: el líder mapuche Facundo Jones Huala fue aislado en ...

 

O goberno chileno non cumpre as recomendacións de organismos internacionais como a ONU e a Comisión Interamericana dos Dereitos Humanos (CIDH) para protexer a vida das populacións carcerarias frente ao perigo da pandemia. Familiares e redes de apoio manifestaron: “A CIDH lembra aos Estados que toda persoa privada de liberdade sob as súas xurisdicións ten dereito a recibir un trato humano, con estrito respecto á súa dignidade inherente, aos seus dereitos fundamentais, en especial á vida e integridade persoal”.

Previamente, nun comunicado desde o cárcere de Temuco os presos políticos mapuches denunciaran que até o momento apenas foron postos en liberdade “criminais de lesa humanidade e anti-mapuches como o asasino de Catrillanca e os nefastos axentes da operación Furacán”, amparándose na escusa da pandemia. “É que a vida do pobo mapuche non importa?”, pregúntanse. Sinalan a decisión política que os retén no cárcere cumprindo cos requisitos necesarios para accederen ao beneficio da liberdade para evitar o perigo do contaxio. Fan extensivo o pedido a todos os presos dun sistema prisional que está desbordado, como en toda a rexión.

Por outra parte, Machi Celestino Córdova reiniciou no pasado 4 de maio a greve de fame liquida que deixara en suspensión o día 20 de marzo, en demanda de que se cumpra o Convenio 169 da OIT, en relación aos presos pertencentes a pobos orixinarios, coas mesmas demandas de protección.

Desde este territorio, as comunidades mapuche en resistencia de Malleko denunciaron a discriminación que pesa sobre os presos mapuche no cárcere de Angol e as medidas abusivas a que son sometidos. Desde o pasado 4 de maio, os presos mapuches do cárcere de Angol tamén comezaron unha greve de fame líquida para esixir o cumprimento de medidas de protección frente ao perigo do covid-19 nese contexto e denunciaron que é necesaria a “liberdade dos prisioneiros políticos mapuche ou unha medida alternativa á prisión, como o estipula o Convenio da OIT número 169, artigos 8, 9 e 10, e considerando tamén a Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas”. Por súa vez, entre as peticións está a restitución e desmilitarización territorial que sempre protexe intereses económicos de empresas transnacionais.

No comunicado chaman as comunidades en resistencia para estarem atentas frente á inxustiza do goberno chileno contra os seus irmáns prisioneiros políticos mapuche do cárcere de Angol: “Que non se engane o goberno, os prisioneiros políticos mapuche non están sós”.

A situación obrigou á CIDH a radicar un pronunciamiento no pasado 8 de maio en que instan os gobernos a adoptaren medidas de protección para os pobos indíxenas frente á pandemia. A Comisión advirte sobre a situación “de especial vulnerabilidade en que están os pobos indíxenas, particularmente aqueles en isolamento voluntario e contacto inicial”. Lembra a histórica vulneración de dereitos que pesa sobre estes pobos e que se reflicte na situación de extrema pobreza en contraste co resto da poboación non indíxena.

El Salto Diario