.

WhatsApp enviou unha carta ao presidente do Parlamento de Catalunya, Roger Torrent, confirmándolle que o seu móbel fora obxecto dunha intrusión. ‘A conta de WhatsApp do señor Torrent […] foi obxecto dunha tentativa de acceso non autorizado a datos e comunicacións do dispositivo. Os atacantes tentaron inxectar un código malicioso na aplicación’, di a directora de Política Pública de WhatsApp na Europa, Próximo Oriente e Asia, Niamh Sweeney, na carta de que informan hoxe os xornais The Guardian e El País. A presidencia do Parlament confirmou a VilaWeb que, con efecto, recibira esa carta. A comunicación por parte da compañía de mensaxes, propiedade de Facebook, é relevante porque se implica directamente no caso de espionaxe a dirixentes independentistas. A día de hoxe, WhatsApp ten aberto nun tribunal de California un litixio contra a empresa israelita NSO, responsábel do programa malicioso Pegasus que foi utilizado para espiar Torrent e outros políticos e activistas.

WhatsApp di a Torrent que o ataque contra o seu móbel foi levado a cabo por unha vulnerabilitade na aplicación coñecida como CVE-2019-3568. É un erro que permitia que, mediante unha chamada perdida ao móbel da vítima se introducise o programa espía. Segundo WhatsApp, hai 1.400 teléfonos afectados en todo o mundo por este ataque que foi levado a cabo e detectado entre abril e maio do 2019.
.
A directiva de WhatsApp di que non pode afirmar que o móbel de Torrent, despois da tentativa de intromisión, fose invadido e controlado remotamente, que é o que permite o Pegasus: escoitar conversas, ler mensaxes, acceder ao historial de navegación, activar a cámara remotamente, etc. Para confirmalo, di WhatsApp, sería preciso facer un exame forense exhaustivo do móbel. Ofrécese a colaborar co presidente do Parlament: ‘WhatsApp Irlanda estaría encantado de manter con V. un canal de comunicación. Defendemos a supervisión estrita das armas cibernéticas, como as utilizadas neste ataque, para garantir que non son empregadas para violar dereitos individuais nin liberdades’, di Sweeney.
.

Este programa de espionaxe só pode ser comprado a NSO por gobernos estatais ou corpos e forzas de seguranza estatais. Por iso todo apunta á responsabilidade do goberno español e dos servizos secretos españois neste caso de espionaxe que, de momento, sabemos que afectou, alén de Torrent, os ex-deputados Anna Gabriel e Ernest Maragall; o director do Conselle per la República, Sergi Miguel; o conseller Jordi Puigneró e o socio da ANC Jordi Domingo.

Redacció VilaWeb