Xenin: Rapariga de 15 anos asasinada polas forzas de ocupación israelitas

Jana Zakarneh, de 15 anos, foi asasinada polas forzas israelitas de ocupación despois de os soldados sionistas lle dispararen á cabeza durante o asalto á cidade de Xenin nesta noite. A adolescente recibiu o disparo cando estaba na terraza da casa familiar, situada no bairro de Bayader da cidade.

Esta noite en Xenín:

https://twitter.com/i/status/1602045098853900290

 

Como é rotina diaria da ocupación, as tropas israelitas irromperon na pasada noite na cidade coa escusa de deter tres xovens. Como consecuencia do asalto militar, houbo confrontos armados durante a batida en que outros tres mozos resultaron feridos.

As persoas feridas recibiron impactos de balas reais ou de guerra disparadas polos soldados das forzas de ocupación.

Escenas do asalto na cidade de Xenin. As tropas sionistas disparan arbitrariamente en sectores da cidade densamente poboados, o que provoca mortes e ferimentos entre a poboación civil.

 

INFANCIA BAIXO A OCUPACIÓN SIONISTA

 

https://twitter.com/i/status/1602035710374166529

 

https://twitter.com/i/status/1602005011843907584