Cando faltan poucos días para que Pablo González complete un ano en prisión na Polonia, no próximo 17 de febreiro, o Auditorio da UPV/EHU será o escenario dunha xornada con dúas mesas de debate para analisar a situación do xornalista colaborador de GARA e o estado da liberdade de información en Europa.

 

Jornada en la UPV/EHU sobre Pablo González y la libertad de información en Europa | Basque Country | Naiz
                    Pablo González, imaxe de arquivo. (EUROPA PRESS)

 

 

A situación do xornalista Pablo González, a quen faltan poucos días  para completar un ano en prisión na Polonia, e a liberdade de información en Europa serán o eixo dunha xornada que terá lugar no próximo 17 de febreiro no Auditorio da UPV/EHU en que participarán, entre outras persoas, Oihana Goiriena e o xornalista de GARA Iker Bizkarguenaga.

A xornada é organizada pola Asociación-Colexio Vascos de xornalistas e o xornal Público en colaboración co Departamento de Xornalismo e o Departamento de Ciencia Política e da Administración da UPV/EHU.

Na convocatoria da xornada, lémbrase que González foi preso en Polonia, perto da fronteira coa Ucraína, onde cubría a crise de refuxiados derivada da invasión rusa. Foi acusado de espiar para Rusia, mais, desde a súa detención “as autoridades polacas non fixeron públicas probas que demostren a súa culpabilidade, en tanto as españolas permanecen en silencio”.

A xornada comezará ás 10:30 horas e será presentada por Carmen Peñafiel, catedrática da UPV/EHU na Faculdade de Xornalismo, Amaia Goikoetxea, presidenta e decana da Asociación e o Colexio Vasco de Xornalistas, Jon Azkune Torres, secretario académico do Departamento de Ciencia Política e da Administración da UPV/EHU, e Virginia Pérez Alonso, directora de Público.

Despois comezará a primeira mesa, que analisará o tema “Caso Pablo González, un ano preso na escuridade”. Será moderada por Esther Rebollo, Directora adxunta do xornal Público. Os relatores serán Nacho Calle, xefe de investigación do xornal Público, Olhana Goiriena, presidenta da asociación #FreePabloGonzalez;, Juan Teixeira, foto-xornalista, compañeiro de Pablo González e Asier Blas, profesor do Departamento de Ciencia Política, compañeiro de Pablo González en Geopolitikaz e director da tese de doutoramento que realiza na UPV7EHU.

Entre as 11:30 e as 13:30 horás terá lugar a segunda mesa, en que será tratado o tema “De hungría a Polonia, como enfrentar os cortes da liberdade de información en Europa”, que será moderada pola xornalista Nerea Azumendi.

Os relatores desta segunda mesa son o xornalista de GARA Iker Bizkarguenaga, Virginia Pérez Alonso, Directora de Público, ex presidenta do Instituto Internacional de Prensa e presidenta da Plataforma pola Liberdade de Información; Edth Rodriguez, vice-presidenta de Repórteres sen Fronteiras e Ramón Zallo, licenciado en Dereito e en Economía, doutor en Ciencias da Información, catedrático de Comunicación Audio-visual na UPV/EHU.

Naiz