O preso vasco Patxi Ruiz foi levado a un hospital para ser sometido a unha valoración do seu estado de saúde por o médico do cárcere considerar que tiña de ser atendido por un especialista. Nun primeiro momento o preso negouse a recibir tratamento no establecemento prisional e no hospital, mais a dirección do penal pediu autorización ao xuiz de garda e este autorizou a saída para que ser examinado e tratado caso for necesario.
.
.

Protestos en Iruña en apoio do preso Patxi Ruiz

 

Patxi Ruiz está clasificado en primeiro grao e comezou o seu protesto silencioso para exixir garantías contra a expansión do coronavirus na cadea. A esta reclamación a dirección do penal respondeu transferindoo de módulo.

Huffington Post