A xuíza encarregada do control dos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Alxeciras e Tarifa instou o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, a eliminar dunha vez as reixas e pór luz natural nos cuartos, entre outras melloras, segundo dispón nun auto de obrigado cumprimento, contra o que non cabe recurso, ditado a finais de marzo pasado.

 

El ministro del Interior, Juan Ignacio Zoido (d), acompañado del delegado del Gobierno en Andalucía, Antonio Sanz (2d), junto a un monitor donde se encuentra una recreación de los nuevos (CIE), hoy durante la presentación en Algeciras (Cádiz).- EFE/A.CarrJuan Ignacio Zoido co Delegado do Goberno en Andalucía xunto a un monitor cunha reacreación dos novos CIE – EFE/A.Carr

 

É a segunda vez que o fai, despois de que o 31 de maio de 2017, hai case un ano, xa ordenase facelo. A maxistrada Belén Barranco ordena unha serie de melloras comúns aos dous centros: instalar luz natural nos cuartos, suprimir as reixas, instalar un sistema de abertura inmediata dos cuartos desde o exterior, instalar despachos de billetes nos dormitorios, pór climatización en todos os módulos, construir espazos lúdicos adecuados e dotar ‘de maneira urxente’ de mobilia suficiente a zona de descanso, incluindo televisión, prensa diaria, biblioteca, xogos de mesa ou outros elementos recreativos. Ademais, esixe que se faga o necesario para garantir a realización das probas suficientes para detectar, polo menos, o VIH, tuberculose, sífile, hepatite, sarcoptose, pediculose, scabiase e parásitos intestinais.

Tamén reclama que o servizo médico a informe directamente das lesións dos internos, que se subscriba un convenio co colexio de avogados de Cádiz para instalar un servizo de atención xurídica, que se comprobe o grao de cumprimento dos contratos coas empresas externalizadas que levan a cabo os servizos de limpeza, mantemento e sanitario, que se garanta a asistencia médica as 24 horas do día e que se inclúa no boletín informativo que se entrega aos internos á súa chegada información sobre violencia de xénero, trata de seres humanos, violencia sexual e habeas corpus.

Para o CIE de Alxeciras, a xuíza require que se constrúan pistas deportivas, que se poña en marcha un servizo de lavandaría, que sexan instaladas duchas individuais nun dos módulos, que se reabran as salas de lecer e se cre un rexistro informático para levar un control das queixas.

Pór duchas e retrates nos cuartos

Para o CIE de Tarifa, a maxistrada Barranco quere que Interior suprima os cuartos para máis de tres persoas, que se eliminen as duchas colectivas e se instalen duchas, WC con retrete e cisterna e lavabo, ‘así como parede ou porta que cubra todo o corpo do interno’, que habilite un espazo reservado para recibir visitas desde o exterior, a instalación de caixas de correos para a ONG e a homologación dos laudos de lesións. E tamén a creación dun rexistro informático de queixas.

Ademais, Barranco persegue que se garanta aos internos ter acceso ao seu teléfono móbel para facer e recibir chamadas, ‘polo menos durante un período de catro horas diarias, en horas diúrnas’, que as ONG non vexan restrinxido o seu horario de visitas e poidan acceder aos centros nun horario que ‘en ningún caso sexa inferior a oito horas’.

A maxistrada lembra no seu auto, de 25 páxinas, que os CIE ‘non teñen carácter penal e os estranxeiros neles internados estarán privados unicamente do dereito deambulatorio’. ‘Así, na organización e actividade diaria dos centros e das persoas que neles se encontran atribúese ao Centro Nacional de Policía que deberá garantir, como persoal especializado na seguranza, o normal desenvolvemento da actividade nas instalacións, evitando perturbacións ou restablecendo a orde en todo aquilo que puider verse alterado. Igualmente, o Corpo Nacional de Policía xestiona todo o relativo á tramitación do expediente de expulsión e á permanencia do estranxeiro no centro. [Doutra banda] a faceta asistencial debe ser asumida por persoal especializado alleo á Policía’.

Delito de desobediencia

No fundamento xurídico sétimo, intitulado ‘das consecuencias penais que pode levar o incumprimento dunha resolución xudicial, por autoridade ou funcionario público encarregado do seu cumprimento’, a xuíza deixa claro que o requirimento vai en serio: ‘Tales consecuencias veñen tipificadas no artigo 410 apartado 1 do vixente Código Penal como delito de desobediencia’, que está penado cunha multa de tres a doce meses e inhabilitación especial para emprego ou cargo público de tres meses a dous anos. A resolución envíase, con acuse de recibo, aos directores dos CIE de Alxeciras e Tarifa, ao ministerio fiscal, ao Defensor del Pueblo e ao Ministerio do Interior. O auto anterior, de maio de 2017 tamén foi enviado ás mesmas institucións. Todas responderon que o recibiron, excepto Interior.

Barranco cita o artigo 149.1 da Constitución, que establece as competencias exclusivas do Estado en materia de Estranxeiría para establecer que é ‘imprescindíbel a notificación ao Sr. Ministro do Interior, […] dado que […] a falta de subsanación das deficiencias advertidas […] débense, exclusivamente, a unha cuestión de dotación orzamentaria’.

O 27 de novembro pasado, xa despois de que se remitise a Interior o primeiro auto da xuíza Barranco, o ministro Zoido, presentou en Alxeciras un novo modelo arquitectónico dos CIE que quere implantar nos próximos anos. O plano anunciado é construír un novo CIE no Campo de Xibraltar, que substituiría o de Alxeciras. Este proxecto aínda está a nacer. A finais do ano pasado, Interior dispuña tan só da metade da parcela on que pretende instalar ese CIE.

Raúl Bocanegra

Fonte: Público