A Sección Cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra sinalou para a vindeira terza-feira día 19 de febreiro un xuízo por solicitude sexual, negociación e actividade prohibida ao funcionario e abuso da súa función.

 

                            Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

 

Sentará no banco dos acusados un Comandante da Garda Civil por supostamente contactar cunha vítima de violencia de xénero, convidala a cear e ofrecerse a pagarlle o aluguer do apartamento.

Este home entre 2016 e 2017 desempeñaba o cargo de brigada na  Comandancia da Garda Civil de Pontevedra sendo Comandante e por iso exercía labores de xestión e tratamento de todo o relativo a feitos relacionados coa Violencia machista.

“Por razón do seu cargo, tiña coñecemento de que ela exercía a prostitución e consumía drogas, logrando desta forma dobregar a súa vontade”, sinala o fiscal, quen sostén que após marcar un encontro coa muller, levouna ao seu domicilio, situado no cuartel da Garda Civil, onde mantiveron relacións sexuais.

“Ao preguntarlle despois ela polo diñeiro ofrecido para o aluguer, díxolle que non fora o que esperaba e atiroulle unhas moedas con xesto despectivo“, relata a acusación pública no seu relatorio.

A Fiscalía reclama que sexa sentenciado a un ano e medio de cárcere e inhabilitado durante sete anos.

O caso procede do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra.

OskarOskar Viéitez

Pontevedra viva