O próximo día 18 de xaneiro, sábado, ás 11:00, partirá da gasolineira situada no km 663 da estrada N-634, a marcha anual ao cárcere de Teixeiro que este ano chega a súa XX edición. Pola erradicación dos FIES, a abolición do réxime especial de castigos e o fin do confinamento solitario e a dispersión. Pola liberdade inmediata das persoas que padecen doenzas graves e a investigación das mortes en prisión. Contra a cadea perpetua e en apoio da greve de fame rotativa.