YALLA,o curta-metraxe co-producido por Vaca Films e dirixido por Carlo d’Ursi foi nominado aos Premios Goya na categoría de Mellor Curta-metraxe. A fita, baseada no asasinato de catro crianzas na Faixa de Gaza no 16 de xullo de 2014, xa gañou o Premio Forqué e o Premio Amnistía Internacional para proxectos de curta-metraxe do Festival Abycine.

 

 

 

SINOPSE

Mufid, un rapaz de 14 anos xoga fútbol cos seus amigos. Erra un lanzamento e fai desaparecer a pelota por trás dunha colina. Non quer ir procurala, mais sabe que o fará. Cando entra na zona vixiada por un drone militar, descobre que Amina colleu a pelota. Mufid tenta recuperala. Hassan, tira a pelota aos adolescentes e a lanza dentro dunhas ruínas. No seu interior, un grande segredo. O drono entra en alerta. Mufid sai das ruínas coa pelota, mais o drone non o vé claro. Mufid convértese nun novo obxectivo…