Alberto Pradilla conxuga no seu libro a investigación, o rigor xornalístico e a experiéncia persoal para chamar a atención sobre un dos pilares do conflito arabo-israelita: o próprio Estado de Israel.
A crónica e as entrevistas con alguns dos protagonistas deste conflito aproximan-nos da mentalidade e forma de ser dun estado colonial que, alén de con os seus viciños, ten un grave problema consigo próprio. Esquerda e direita; ultraortodoxia e laicismo, movimentos pro-palestinianos e colonos sionistas completam unha mistura explosiva que fai de Israel un país que se define como “xudeu e democrático” mais que en realidade é democrático para os xudeus e, por cima de todo, xudeu para o povo palestiniano.