A modificación, que entrará en vigor o 30 de xuño de 2017, impedirá as persoas cegas ou xordas casaren libremente, xa que a decisión estará condicionada polo que diga un perito médico. A reforma produciuse en 2015, e supón meter no mesmo saco as persoas cegas, xordas, mudas coas que padecen algún tipo de deficiencia mental, ás que non se presume aptitude suficiente para prestar o consentimento matrimonial.

A norma podería ser anticonstitucional, segundo o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), e tamén contraria á Convención Internacional ratificada en 2008 polo Reino de España en que se insta a prohibir calquera tipo de discriminación por discapacidade.

A reforma mobilizou o CERMI, que non só pide que non entre en vigor, senón que propón un texto alternativo: "Quen desexar contraer matrimonio acreditará previamente en acta ou expediente tramitado conforme á lexislación do Rexistro Civil, que reúne os requisitos de capacidade e a inexistencia de impedimentos ou o seu dispensa, de acordo co previsto neste Código. As persoas con discapacidade que precisaren apoios para a toma de decisións non poderán ser excluídas por motivo da súa discapacidade do dereito a contraer matrimonio, sendo obrigación das autoridades e funcionarios que interveñen nestes procedementos proveren dos apoios necesarios para a formación e emisión do seu consentimento."

Ver máis.