Cinco persoas foron xulgadas a pasada segunda feira (09/10/2017) en Lugo en relación á greve xeral de setembro de 2010, hai sete anos. A Fiscalía solicitou para catro delas penas de cárcere por un “delito de atentado” e imputa a unha quinta “un delito de faltas”. Para a CIG estamos perante peticións “desproporcionadas” e lembra que o xuízo está a decorrer sete anos despois dos supostos feitos.

 

Unha concentración ás portas do xulgado solidarizábase coas persoas acusadas e denunciaba que se estaba a “criminalizar os piquetes”“A loita é o único camiño” e “a loita obreira non é delito” foron algunhas das palabras de orde coreadas polas persoas concentradas, que levaban a faixa co lema “Solidariedade cos traballadores represaliados”.

A vista foi finalmente adiada até o próximo 13 de novembro.

Artigo publicado en Sermos Galiza (10/10/2017)