As tres persoas detidas pola Garda Civil en Gasteiz, Etxarri Aranatz e Azpeitia foron postas en liberdade esa mesma tarde sobre as 16.30. Os arrestos foron ordenados pola Audiencia Nacional española, que as acusa de «enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas» durante varios actos entre 2016 e 2017. Á primeira hora desta mañá o instituto militar inspeccionou as facultades de Farmacia, Letras e Traballo Social da UPV en Gasteiz.

 

Gasteiz

                                                                                       Concentración en Gasteiz contra as detencións. (Jaizki FONTANEDA/FOKU)

A Garda Civil detivo unha moza navarra en Etxarri Aranatz sobre as 08:15 da mañá, nun operativo desenvolvido por orde da Audiencia Nacional española por suposto «enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas». Outro mozo foi arrestado en Azpeitia e unha terceira persoa en Gasteiz. Os tres foron conducidos á capital arabesa e finalmente foron postos en liberdade sobre as 16.30, segundo soubo NAIZ. Ao parecer, os axentes chamaron a declarar a unha cuarta persoa.

No cadro da operación, os axentes do instituto armado deslocaronse ao campus da UPV en Gasteiz á primeira hora desta mañá para realizar diferentes rexistros «utilizadas como centros loxísticos e de organización de diferentes actos de enaltecemento, así como para o desenvolvemento de posibeis accións violentas», informou o Ministerio do Interior. Efe tamén anuncia rexistros en Nafarroa.

A investigación remóntase «homenaxes a varios membros de ETA» o 27 de marzo de 2016, o 11 de decembro dese mesmo ano e o 27 de setiembre de 2017, Gudari Eguna.

Mobilizacións

En resposta a estas detencións, foron convocadas mobilizacións en distintos puntos de Euskal Herria, como Bilbo, Donostia, Gasteiz ou Bergara.

Azpeitia, Zestoa, Etxarri Aranatz e Galdakao tamén acolleron protestos para denunciar o sucedido.

Fonte: Naiz