O programa En Jake da televisión pública vasca EITB difundiu imaxes que demostran que Adur Ramírez, en prisión preventiva desde o 14 de novembro de 2016, nin sequera ía vestido como testemuñou un dos Gardas Civis. As imaxes corroboran a versión da defensa, que sempre dixera que o mozo non estivera no bar aquela noite, senón que estava nun partido de pelota vasca e despois na festa de despedida dun amigo.