O comisario dos Dereitos Humanos do Consello de Europa, Nils Muiznieks, insta o goberno español a investigar a violencia contra o 1-O. En carta enviada ao ministro do Interior español, Juan Ignacio Zoido, Muiznieks afirma que ‘as autoridades españolas teñen de asegurar unha investigación rápida, eficiente e efectiva sobre as denuncias por mal comportamento e uso desproporcionado da forza [por parte da policía española].

Muiznieks considera que é de vital importancia proceder a investigar os feitos para evitarnovos excesos policiais, así como novos escenarios violentos ou tensos. “Alén diso, ter de render contas por calquera forma de mal comportamento é esencial para preservar a confianza pública no traballo das forzas de seguranza”, acrescenta.

O ministro Zoido respondou a pasada sexta feira ao comisario nestes termos: “As forzas e corpos de seguranza do estado, seguindo instrucións do poder xudicial, actuaron de maneira prudente, apropiada e proporcionada co obxectivo de asegurar o cumprimento da lei e a protección dos dereitos e liberdades de todos os cidadáns”.

Carta de Nils Muiznieks

Resposta de Zoido

Artigo publicado en VilaWeb (09/10/2017)