Resultado de imagem para foro galego inmigracion

 

En concreto a denuncia recolle a imposibilidade de acceso de menores migrantes, e portanto as súas familias, que via de regra se encontran en situación de pobreza e exclusión social, por atrancos administrativos facilmente subsanábeis,  ás seguintes axudas e prestacións:

  • A Coñecida e amplamente publicitada “Tarxeta Benvida” , dependente da Consellería de Política Social.
  • A recentemente presentada e ampliada axuda chamada “Bono Coidado”, dependente da Consellería de Política Social.
  • O acceso de crianzas ás escolas infantís dependentes da Consellería de Política Social, as “Galiñas Azuis”, por estaren, elas ou as súas familias, en situación de irregularidade administrativa.
  • O acceso ás axudas de libros e material escolar dependentes da Consellería de Educación.

Para o acceso a estas axudas a Xunta de Galiza esixe requisitos de residencia e ingresos que cumpren estas persoas e familias, mais pola mera ausencia de DNI ou NIE (non serve outro documento identificativo) son excluídas das mesmas e da posibilidade de acceso ás escolas infantís.

Para máis información: Miguel Fernández (662-307019)

Fonte: FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 – Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es – 981-576 142