Sabela Rei, cadete do Club Sar Vermú San Petroni, foi desclasificada por mostrar a súa oposición á mina de Touro-O Pino.

 

Imaxe: BNG de Compostela

 

Sabela Rei entrou en segunda posición na súa categoría na meta na Carreira pedrestre popular do Pino, que este domingo realizou a súa XV edición. Porén, esta atleta de Rois foi desclasificada por vestir unha camisola cun lema contra a mina de Touro-O Pino.

Mais non se arrepinte de levar a prenda: “Fixen o que me indicaba o corazón e nada nin ninguén me impedirá manter os meus pensamentos e ideas”.

Fonte: Sermos Galiza