IllegalTimes2                                                                                  Kap.

Trátase dun medio destinado a denunciar a violación dos dereitos civis en Catalunya e no resto do mundo, feita por persoas de diferentes ideoloxías, que condenan a violación dos dereitos humanos. Non é por acaso que a súa primeira páxina é amarela nin que a publicación se presenta como “prensa amarela”. A idea partiu do debuxante Jaume Capdevila (Kap) e a cooperativa L’Apostròf. Fixéronse 10.000 exemplares e está subida a internet para facela accesíbel ao maior número de persoas posíbel. A cooperativa anima a colaborar coa iniciativa, sexa acrescentando piadas á páxina web da publicación ou imprimindo a revista para a divultar. Porque, como di Kap, o humor é moi útil en circunstancias difíceis, como as actuais. “O humor é indestrutíbel”, di o humorista, “ao longo prazo sempre gaña”.

Nin en Catalunya nin en ningures

As persoas que impulsionan esta publicación proclaman que”non queren ficar de brazos cruzados diante da perda de dereitos básicos que sobre a Catalunya e o estado español”, e uniro esforzos para “sacudir consciencias”. Il-legal Times quer ser “un berro plural e valente para denunciar os ataques contra os dereitos colectivos e individuais, e entre estes, a liberdade de expresión”. No seu editorial deixa ben claro que ergue a “voz para berrar basta represión”. Porque, para elas, o que aconteceu e acontece non é tolerábel “nin na Catalunya nin en ningures”.

 

Kap Il·legal Times presentacio nerin

Vamos fatal

Na presentación para os media, Carme Herranz, do colectivo de avogadas Ronda, explicou a degradación de dereitos que vivimos nestes momentos. Subliñou que coa acusación de “conspiración para a rebelión” moita xente pode chegar a ser perseguida. Adverte que hai moitísimas causas abertas: contra piquetes da greve do 3 de outubro, contra especialistas de informática por reproduciren a páxina web do referendo, contra participantes en manifestacións… “A represión pode chegar a moita xente de base”, asegurou e mostrouse preocupada polas irregularidades de moitos procedementos. Herranz destacou que moitas liberdades son violadas de maneira sistemática. En relación coa liberdade de expresión, denunciou a prohibición de actos en Madrid e Vitoria, a prohibición de manifestacións durante a campaña electoral, o encerramento de webs, o veto á publicidade en medios públicos e privados… Mais, fronte a todo iso, Herranz insistiu na coraxe que demostrou a sociedade catalá. E afirmou que compre continuar combatendo pola liberdade de expresión. Kap deixou claro que “Hai vontade de instalar o medo. E se o medo se instala aviados estamos”. “O medo é o noso principaladversario”, concluiu. O debuxante Ferran Martín, recentemente despedido do seu medio por discrepancias coa súa opinión sobre o proceso, denunciou, tamén, que “os medios convertéronse en trincheiras” e contribuíron a pór límites ao humor.

repressió catalunya humoristes il·legal times Khalid GueddarKhalid Gueddar. Debuxante marroquino director da revista satírica Baboubi. Condemnat a tres anos de presión por ter debuxado a família real do Marrocos.

Todo o humor

A publicación conta cunhas 40 colaboracións, non só de humoristas, senón tamén de xornalistas, artistas e activistas a quen preocupa a deriva autoritaria do Estado. Entre a gente de fora, hai artistas dos máis prestixiosos medios mundiais, entre elas a francesa Coco, a portuguesa Cristina Sampaio, o holandés Tjeerd Royaards, o británico Martin Rowson, o escocés Terry Anderson, o quebequés Bado, a norteamericana Liza Donnely, a belga Cécile Bertrand, a italiana Marilena Nardi… Tamén hai humoristas da Catalunya e o resto do estado: Ferreres, Fer, Raquel GU, Azagra, Eneko, Manel Fontdevila…

Como se quer sumar esforzos, cóntase tamén con outras persoas preocupadas pola falta de liberdade de expresión: escritoras como Marta Rojals ou Jaume Cabré, guinistas como Júlia Cot (de Polònia), xornalistas como Jordi Borràs ou Natza Farré, xuristas como os do Col-lectiu Ronda, actores como Sergi López ou Pepa Plana, antropólogos como Manuel Delgado, activistas polos dereitos humanos como DAvid Fernández, Arcadi Oliveras ou Simona Levi…

 

resistenza P Marilena Nardi                                                                                                            Marinela Nardi.

Buscar feedback

O mundo do humor está alarmado pola enxurrada de denuncias contra debuxantes, xornalistas, tuiteiros… Desde L’Apòstrof procúrase mobilizar a opinión pública, mais tamén involucrar a opinión pública mundial, através do humor, nos problemas que se viven actualmente en Catalunya. Con posterioridade ao encerramento da publicación, chegaron novas colaboraci´ns ao proxecto: algunhas delas procedentes de moi lonxe. Foron incorporadas ao web, coas que xa están na publicación en papel, e coas que chegaren a partir de agora.

Fonte: El Nacional