Máis de 700 persoas morreron desde 2001 nos EUA despois de recibir descargas de pistolas eléctricas tipo Taser, segundo cifras facilitadas por Amnistía Internacional. Os datos, no entanto, non conseguiron impedir que, despois dunha primeira fase de probas, as pistolas de descargas eléctricas teñan chegado -apesar da polémica e despois dun discreto debate parlamentar- a Catalunya. Este mes de xaneiro foron distribuídas en Girona e está previsto que a partir de abril estean repartidas por todo o territorio catalán.

“Terían que ser equiparadas ás armas de fogo polo seu potencial lesivo”. Así define Adriana Ribas, coordenadora de Amnistía Internacional Catalunya as pistolas eléctricas. En troca, para Josep Miquel Milagros, da Unión Sindical da Policía Autonómica de Catalunya (USPAC), “é unha arma non letal”, asegura, “Iso ten de ficar moi claro”, reitera o portavoz.

O polémico debate sobre a inclusión destas armas en Catalunya ven dunha reivindicación sindical que levan anos facendo dos Mossos d’Esquadra. Até agora, só podían ser utilizadas por algunhas policías locais. Os Mossos aseguran que as necesitan para ter un termo medio entre as armas de fogo e as porras. Acrecentan que iso lles servirá para poderen facer detencións sen ter de recorrer a contencións mecánicas ou ao corpo a corpo.

De feito, unha das cuestións que máis preocupa entidades como Amnistía Internacional, Stop Taser ou Irídia é que as Taser, apesar do potencial lesivo que teñen, non teñan sido equiparadas ás armas de fogo. Trátase dunha recomendación que o Comité Europeo contra a Tortura xa fixo a estados como o Reino Unido, equiparándoas na súa lexislación a unha arma de fogo. Na Catalunya non se fixo apesar das recomendacións das entidades.

Infografía de arquivo de La Directa

Armas para torturar e maltratar

O Síndic de Greuges, seguindo as recomendacións do Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa e da Comisión contra a Tortura das Nacións Unidas, recomenda que estas armas non se utilicen nunca contra colectivos vulnerábeis. Iso inclúe menores de idade, mulleres grávidas e persoas con cardiopatías. “Como sabe o axente de Policía se unha muller está grávida de poucos meses, ou se un xoven ten 17 ou 19 anos ou se unha persoa padece unha cardiopatía?”, cuestiona Jaume Saura, axunto ao Sindic. Para Andrés G. Berrio, avogado de Irídia e membro de Stop Taser, o principal problema radica en que “o policía non sabe cal é a condición da persoa que terá de soportar que lle disparen cunha Taser”. Por iso denuncia que non se preparen protocolos de prevención suficientes e teme que, portanto, o uso das Taser pode acabar provocando efectos letais.

A principal discrepancia entre o Departamento de Interior e as entidades é o uso de pistolas eléctricas sobre persoas que están en estado psicótico, xa sexa propio por patoloxía ou por estaren sob o efecto de substancias de alcool ou drogas.

As armas de electroshock son armas utilizadas internacionalmente para cometer tortura e malos tratos porque deixan pouca marca física. Outra das preocupacion das entidades é que o grupo de traballo do Parlamento non especificou a prohibición de utilizalas contra persoas sob custodia, como comisarías. Si foi proibido o uso en centros penitenciarios. Os acordos foron tomados no grupo de traballo da cámara catalá en xullo de 2016.

A princpal discrepancia entre o Departamento de Interior e as entidades é que o uso de pistolas eléctricas contra persoas que están en estado psicótico, xa sexa propio por patoloxía ou por estaren sob o efecto de substancias de alcool ou drogas, quer sexa propio dunha patoloxía ou por estaren sob substancias de álcool ou drogas, porque poden non ser capaces de entender unha orde. “Esta situación pode facer que teñan más propensión a unha consecuencia negativa polo feito da descarga”, asegura Saura. En troca, no corpo dos Mossos recoñecen que “este é o perfil para o que están pensadas estas armas”. Exemplifícanno co caso de Juan Andrés Benítez, morto a mans dos Mossos d’Esquadra en outubro de 2013, despois de ser reducido.

Cámara, desfibriladores e confetti de cores

“Se un axente ten de disparar unha arma de fogo é moi posíbel que o pense dúas veces, en troca cunha arma eléctrica talvez teña máis facilidade ou estea máis predisposto”, cuestiona Saura. A chave, segundo Adriana Ribas, coordenadora de Amnistía Internacional, é que o número de pistolas eléctricas estea limitado e sexa obrigatoria unha formación para coñecer “o potencial lesivo”. A USPC, no entanto, reclama que todas as patrullas sexan dotadas deste armamento.

Co subterfuxio “dispositivo condutores de enerxía” ocultouse unha das licitacións máis polémicas do 2017, a das pistolas Taser. A suculenta partida de 706.473 euros foi para a emrpesa Eurodistribución de Sistemas España.

A lexislación aprobada no Parlamento di que só serán utilizadas por xefes de área de servizo dos Mossos d’Esquadra, cabos cun rango específico. Portanto, haberá un número concreto de pistolas, unhas 130, que poderán utilizar algúns axentes cunha formación concreta. Levarán unha cámara na lapela que rexistrará a actuación en vídeo, cada vehículo da unidade policial incluirá un desfibrilador, por se a persoa que recibe a descarga eléctrica sobre paraxe cardíaca, e cada pistola ten un número de serie que sae disparado en forma de confetti de cores que determina o lugar en que se produciu a actuación.

Como xa avanzou a ‘Directa‘, co subterfuxio ‘dispositivos condutores de enerxía’ ocultouse una das licitacións máis polémicas do 2017, a das pistolas Taser. A suculenta partida de 706.473 euros foi para a empresa Eurodistribución de Sistemas España, presidida per Andrés Manuel Soler. Trátase dos 134 dispositivos que serán distribuídos o conxunto de Áreas Básicas Policiais, quer dicir, a todas as comisarías comarcais e subcomarcais, así como ás dos dez distritos de Barcelona. Tamén serán destinadas a algunhas das unidades de orde pública. A partida inclúe dispositivos de rexistro de imaxe e son, así como 11.000 cartuchos.

Fonte: La directa