A Xefatura Superior de Policía asegurou que se trataba dun axente que se dedicaba a “tarefas burocráticas” mais, en realidade, agora hai quince anos que foi ascendido a inspector especializado na área de información.

 

 

 

 

Nin axente raso nin tarefas burocráticas, O suposto agresor do fotoxornalista Jordi Borràs é un comandante da Brigada Provincial de Información (BPI) adscrito á Xefatura Superior de Policía de Catalunya. Compre lembrar que a BPI é a sucesora da Brigada Politico-Social do réxime franquista.

No 11 de setembro do ano 2000, o que até esa altura fora subinspector, foi incorporado ao Centro de Formación da División de Formación e Aperfeizoamento do Corpo Nacional de Policía española, con sede en Ávila. Así consta na orde executiva asinada polo daquela Director Xeral da Policía Juan Cotino, unha vez o alumno superou a fase de oposición. Neste mesmo documento especificase que “se inclúe a puntuación obtida por cada opositor na fase de oposición, integrada polo resultado da segunda proba, incluída, en cada caso a puntuación obtida no exercicio voluntario de idiomas e a correspondente polos servizos prestados como funcioinario do Corpo Nacional de Policía e as Forzas Armadas”. Tres anos despois, no 14 de marzo de 2003 e á idade de 32 anos, foi nomeado inspector da Escala Executiva, após obter unha puntuación que ultrapasaba lixeiramente a nota de corte (cinco).

Segundo puido confirmar a Directa, o inspector especializouse na oficinas da Brigada Provincial de Información ubicadas no complexo policial do bairro barceloní da Vermeda, no ámbito de información relacionado co extremismo jihadista. Nalquela altura utilizaba unha conta de Twitter desde onde seguia uns trinta perfis de temática jihadista, entre os que salientaba o do portal jihadology, e desde onde ao longo de tres anos apenas publicou un chio en que aplaudía a AAA, que podería referirse a un grupo paramilitar arxentino. Unhas semanas máis tarde o inspector mantivo através da rede unha conversa un tanto acesa en relación á ditadura arxentina co primeiro tenente de alcalde do Concello de Barcelona Gerardo Pisarello. A conta foi eliminada a primeira hora da mañá da pasada quinta feira 19 de xullo.

 

Segundo puido confirmar a Directa, o inspector especializouse na oficinas da Brigada Provincial de Informaicón ubicadas no complexo policialdo bairro barceloní da Vermeda, no ámbito de informaicón relacinado co extremismo jihadista

 

Estas informacións contrastan coa versión divulgada na mañá da terza-feira polo portavoz da Xefatura Superior de Policía, segundo a cal, o axente que mostrou a súa placa despois de agredir Jordi Borràs -no serán da véspera na rúa dos Capellans- era ‘un axente que se dedicaba a tarefas burocráticas’. Aliás, a preguntas da Directa, acrecentou que ‘desde hai moito tempo’ non patrulla nin fai labores de rúa. As mesmas fontes, consultadas no día seguinte pola Directa, recoñeceron que se trata dun inspector de información, mais quixeron subliñar que nunca concretaran cal era a categoría profesional do policía e que, en todo caso ‘non traballa en labores operativos sinón que se dedica ao ámbito da documentación e información”.

A avogada Carla Vall, que exerce a representación legal de Jordi Borràs reaxiu á noticia: ‘Sorprendentemente, as novidades chégannos polos media. Confirmamos que a situación é máis grave do que críamos. Non é un axente calquera, é inspector da Brigada de Información. Espero que a próxima noticia sexa dos xulgados’.

Os Mossos d’Esquadra abriron unha investigación de oficio en relación cos feitos e a avogada do fotoxornalista xa conta cunha listaxe de testemuñas presenciais e diversas probas gráficas do ataque. Nas últimas horas produciuse unha verdadeira enxurrada de reaccións no ámbito político e xornalístico, entre as cales compre salientar no ámbito profesional a da Federación Internacional de Xornalistas, o Colexio de Xornalistas, o Sindicato de Xornalistas e o Grupo de Xornalistas Ramon Barnils, e no ámbito político as reaccións dos presidentes Carles Puigdemont e Quim Torra. Este último chiou no serán da cuarta-feira : “Querido Jordi Borràs, faremos todo o que estiver nas nosas mans para que este agresor sexa xulgado e, loxicamente, afastado inmediatamente do seu traballo”.

Jesús Rodríguez | @albertmartnez

Fonte: Directa