Resultado de imagem para roger español pelota goma catalunya 1-O
Nunha curtametraxe da Associació Stop Bales de GomaEspañol explica queo día da votación foi á escola Ramón Llull de Barcelona para defender as urnas de maneira pacífica. Choveu moito durante a mañá e, como estaba enchoupado, decidiu ir un momento a casa para pór roupa seca. Cando tornou á escola a policía española xa secuestrara as urnas e estaba carregándoas nas furgonetas. “Daquela foi cando, sen avisar, comezaron a carregar coas porras. Aí comezou todo”, afirma.

Durante a retirada dos axentes, Español recibiu o impacto dunha bola de goma na cara, apesar de ese tipo de material estar prohibido en Catalunya desde o 2014. Asegura que nalque momento caeu ao chan por causa da dor e que diversos xornalistas abrigáronno nun portal encanto non chegaba unha ambulancia.

Un mes despois da ferida, Español asegura que ainda se medica para non sofrir dor e mareos. No ámbito persoal afirma que agora está pasando por un proceso de adaptación. “Hoxe mesmo barbeime… É todo moi complicado. Pasou un mes, supoño que estou xa na hora, mais non acabo de costumarme a ter a visión dun único ollo. O que me senta peor é que non son o único que pasa por isto. toda a xente que me rodea, comezando pola familia, o fillo, a miña parella, os amigos… están todos moi preocupados por mim”, explica.

O 14 de novembro preséntase a querela

roda premsa iridia

“Principiamos o camiño xudicial convencidas de chegarmos até onde for preciso para depurar responsabilidaes”, explica Anaïs Franquesa, avogada de Roger Español.

A querella é contra o axente que disparou a bala de goma e dous comandantes.

 

Ver aqui o vídeo.

Fonte: Vilaweb