Jon Garai, en nome do colectivo, lembrou que «xa advertimos» de que os catorce casos referidos podían derivar en situacións como esta, cualificada de irreversíbel. En consecuencia, Herrira denunciou a «crueldade» do Goberno do PP ao non darlles solución. E no caso concreto do preso arrasatearra enfermo de cancro con metástase, dixo que a súa liberación non se debería demorar «nin un minuto máis».

O preso está nunha habitación do hospital, custodiado pola Ertzaintza, desde que o martes foi traído a casa desde León. O domingo unha manifestación de carácter nacional, ás 17:30 en Arrasate, dará impulso á esixencia de excarceración. Herrira lembrou que esta é a demanda da maioría social vasca e que a mobilización é «imprescindibel».

 

Vonte: Naiz