"O noso Observatorio está fondamente preocupado polas condicións en que se exercita o dereito de voto en determinados colectivos en que a participación electoral é moi baixa porcentualmente en relación á media da populación. Un deses colectivos en que EsCULcA ten centrado a súa atención é o das persoas presas.

Coma V. decerto coñece, a pena de privación de dereito de sufraxio activo non se recolle actualmente no artigo 137 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral, despois de ter sido eliminada polo Código Penal de 1995. Portanto, non son atrancos legais os que explican esta baixa participación electoral das persoas presas.

Obviando explicacións sociolóxicas de fondo, o noso Observatorio ten celebrado reunións ca Dirección dalgúns dos Centros Penitenciarios ubicados na Galiza para facilitar a presenza de información electoral no interior dos cárceres, concretamente no proceso electoral de novembro de 2011.", afirma Fernando Blanco no escrito enviado á dirección dos Centros Penitenciarios.

 

Ver aqui o escrito.