noticia
A primeira solicitude foi denegada
EsCULcA volve a solicitar acceso ao Convenio da USC coa UBG

O pasado 27/10/2012, EsCULcA solicitou novamente à Reitoria da USC, esta vez ao amparo da LO 4/2001, que regula o dereito de petición, copia do convenio que esta universidade asinou coa Universidade Ben Gurión, ubicada no Naqab (Neguev en hebraico). Esta segunda petición realizase despois de a reitoria responder negativamente a primeira solicitude.

Ler máis

noticia
Duas persoas detidas em Ferrol
EsCULcA reclama o levantamento do regime de incomunicaçom

 Com data 30 de outubro, EsCULcA dirigiu escrito à Audiência Nacional em que instava o levantamento do regime de detençom incomunicada para as duas persoas detidas dous dias antes em Ferrol. Cumpre lembrar que o filho de ambos, de oito meses, permaneceu retido e separado da mai durante cinco horas apesar da sua condiçom de lactante. 

Ler máis

noticia
Pergunta no Congresso dos deputados
Persoas com residência galega em cárceres de fora

O pasado 02/11/2012 a deputada Rosa Pérez Fernández registou no Congresso pergunta, para a que se solicita resposta por escrito, relativa a persoas presas de origem galega em prisom preventiva ou cumprindo condena fora de Galiza. A pergunta refere a solicitude de informaçom que sobre este mesmo assunto cursou EsCULcA o passado mes de junho a I.P.

Ler máis

noticia
Á saída do Celta-Deportivo
Agredido por axentes policias en Vigo por gravar

“Voltando a casa despois do último Celta-Deportivo tiro o móbil para grabar e agrédeme a policía. Teño a esperanza de que algunha testemuña grabase esta cobarde agresión”,  informa un cidadán de Vigo que manifesta ter sido agredido  dúas veces por tres axentes anti-disturbios. A primeira por grabar unha rúa e a segunda por tentar gravar os propios axentes.

Ler máis

noticia
Unha anomalía inconstitucional
As curiosas circunstancias do profesorado de relixión

Segundo a disposición publicada pola consellaría de Educación no Diario Oficial de Galiza do 28 de setembro de 2012, o persoal contratado para impartir a materia de relixión nos centros de infantil e primaria do país suma un total de 521 docentes propost@s polo Bispado, curiosamente non estes docentes non completan o horario lectivo polo que cobran.

Ler máis

noticia
Dispárase o gasto em material anti-disturbios
Guerra à cidadanía?

Os orzamentos para 2013 recollen un aumento espectacular do investimento en equipamentos anti-disturbios e de protección. O gasto pasará de 173.670 euros en 2012 a 3,26 millóns en 2013. O orzamento a cinco anos dispárase de 759.330 euros a 10 millóns. Os cortes serán en Seguridade Cidadá, Policía científica, armamento e cadro de persoal.

Ler máis

noticia
Armas e déficit
Verdades e mentiras no orzamento militar español 2013

El Centre d’Estudis per a la Pau JMDelàs acaba de publicar o seu relatorio núm. 14 : Verdades e mentiras no orzamento militar español de 2013. No documento, Pere Ortega, o autor, analisa o déficit do estado imputábel á compra de armas, prestando especial atención aos Programas Especiais de Armamento. O relatorio pode ser consultado aqui.

Ler máis

noticia
Sentenza absolutoria por fotografar axentes
É legal fotografar actuacións policiais se a finalidade é lexítima

O xulgado de Instrución nº 2 de Segovia resolveu a favor da fotógrafa Tamara Sánchez a denuncia da Garda Civil que alegaba "razóns de seguranza cidadá" e a acusaba de vulnerar o dereito á intimidade de varios axentes por fotografar as súas actuacións durante a Marcha de Parados ao seu paso polo túnel de Guadarrama camiño a Madrid.

Ler máis

noticia
Reforma do Código Penal
A Avogacía española cre que a prisión permanente é anticonstitucional

O Consello Xeral da Avogacía Española, contrario a calquer pena a que non se fixe un límite de cumprimento, anuncia que presentará alegacións durante a súa tramitación parlamentar ao anteproxecto de lei de reforma do Código Penal aprobado polo Goberno. O Consello considera inconstitucional a prisión permanente, sexa revisable ou non.

Ler máis

noticia
A FRONTEX impasíbel
Denuncian denegación de auxilio a migrantes en risco de naufragio

A pesar de localizadas e fotografadas por un avión que participaba na Operación Indalo, a Frontex non mobilizou dispositivo algún para resgatar as decenas de persoas que viaxaban nunha patera en perigo de naufragio. Finalmente foron socorridas pola Garda Civil española, que tentou entregar as sobreviventes a Marrocos, denuncian varias ONGs.

Ler máis

opinion
Fernando Blanco Arce
Audiencia Nacional. O síntoma e a doenza

Ler máis

noticia
Alerta a Organización Mundial da Saúde
Israel obstaculiza acceso a asistencia sanitaria da poboación de Gaza

Un informe publicado pola Organización Mudial da Saúde (OMS) alerta dos casos en que o goberno israelí nega permiso para cruzar a pasaxe fronteiriza de Erez a gazatis que necesitan asistencia hospitalaria. En setembro 16 persoas, entre elas unha crianza, non puderon ser atendidas por non se lles permitir sair da Faixa. Outras 42 solicitudes non foron tramitadas.

Ler máis

noticia
Importante impulso á campaña BDS
Relator da ONU chama a boicotar empresas que benefician da ocupación de Palestina

O Relator Especial da ONU sobre os dereitos humanos nos territorios palestinos ocupados, Richard Falk, apelou  desde a sede das Nacións Unidas ao boicote contra os produtos dos colonatos israelitas e instou a Asembleia Xeral deste organismo internacional e a sociedade civil a tomar medidas contra Israel e as empresas que benefician da ocupación.

Ler máis

opinion
Robert Fisk
Vença quem vencer, Obama ou Romney: As relações dos EUA com o mundo árabe mudarão

Ler máis

opinion
Xacobe Lopez Castro
Sobre o que entendo por “dereito”

Ler máis

opinion
Pablo Vaamonde
A exclusión sanitaria

Ler máis

noticia
NODO50 obrigada a mover a sua plataforma
Israel nom tolera críticas

NODO50 anuncia que moverá a sua plataforma a Suécia polas pressons sofridas a raiz das exigências da Association of Friends of Israel in Catalunya (afi-cat.org), umha simples redireçom do Ministério de Assuntos Exteriores de Israel, para que eliminasse vários artigos de Kaos en la Red críticos com os ataques sionistas a Palestina e encerrase a web.

Ler máis