Resumo de noticias relativas a Galiza publicadas por EsCULcA no segundo trimestre de 2015.
Entre as boas noticias, destacan as referidas aos numerosos xuízos de preferentistas a quen foran abertos expedientes sancionadores celebrados neste trimestre con resultados en xeral favorábeis, o acordo unánime da cámara galega en instar a Xunta de Galiza a iniciar as xestións necesarias para transferir a servizos de atención sanitaria dos cárceres galegos ao sistema xeral (SERGAS) e a decisión da Audiencia Provincial da Coruña de abrir instrucción pola denuncia por torturas de X.A.L.P. reponsábel sindical (CIG), a decisión da xuiza de Lara de investigar a norte dun interno no C.P. de Bonxe por posíbel desatención sanitaria, a decisión de varios alcaldes de non asistir a actos confesionais, a escala do Marianne, un dos barcos da III Flotilla da Liberdade, en Bueu e á homenaxe á nosa compañeira Elvira Landín e o noso compañeiro (e anterior presidente) Fernando M. Randulfe, organizado por CC.OO. e a Fundación 10 de Marzo, que tivo lugar en Vigo o pasado 6 de xuño.
Entre as noticias ingratas destaca a longa folga de fame mantida por J.G.C.,  preso no cárcere da Lama, que finalmente tivo de suspender a súa acción de protesta por grave risco de norte, os malos tratos a que alegadamente foi sometido o preso galego A.S. en Dueñas, a negativa dun axente do CNP de atender a denuncia dun cidadán por este se expresar en galego, as penas de prisión impostas a tres estudantes de Ourense por incidentes acontecidos durante a folga estudantil de 2012, a retirada ilegal do concello de Lugo de 10 faixas da CIG, os abusos policiais a traballadores de ASPAMAS Termal que reclamaban o pagamento das súas nóminas, a prohibición de visitar o cárcere de Teixeiro que o Ministerio de Interior ditou contra 3 deputadas do parlamento galego, o arquivo do caso Couso a consecuencia da reforma da Lei de Xurisdición Universal.
No capítulo de actuacións de EsCULcA, salientamos a queixa enviada ao Valedor do Pobo instandoo a intervir contra a actuación da Policía Local da Coruña que persegue persoas que buscan obxectos nos colectores do lixo,  as palestras sobre as implicacións da Lei Mordaza e a reforma do Código Penal e as xestións realizadas perante o Mecanismo para a Prevención da Tortura en relación ao caso de A.S., preso galego en Dueñas alegadamente sometido a malos tratos.

Ver aqui o Resumo.