ANTECEDENTES

Os internos en Belmarsh permanecian en prisión preventiva desde Decembro de 2001, pouco despois de ter sido aprovada por via de urxéncia a ATCSA (Anti-Terrorism Crime and Security Act) imediatamente a seguir os atentados do 11 de Setembro. Esta lei permitia encarcerar persoas estranxeiras, sen cargos e sen xuízos, por tempo indefinido.

Como este tratamento é contrário ao Artigo 5 da Convención de Direitos Humanos, o governo británico vira-se obrigado a suspender a aplicación deste artigo apenas un ano despois da entrada en vigor da Lei de Diretos Humanos de 1998, para o que tivo que declarar o estado de emerxéncia. Un estado de emerxéncia meramente “técnico”, segundo afirmou David Blunkett, Ministro de Interior, en Novembro de 2001.

O Governo argumentara en repetidas ocasións que os detidos eran “libres de abandonar o Reino Unido en calquer momento” e tiñan “o direito de apelar” perante a SIAC (Special Immigration and Appeals Comission).

Mais o certo é que na prática os prisioneiros non podian retornar aos seus países de orixe, porque corrian o risco de ser torturados, nen apelar perante esta comisión especial de imigración cuxa única función é estabelecer se a detención se basea efectivamente nunha “suspeita razoável”.

De acordo con os princípios en que alicerza a xustiza británica (construída sobre a base da presunción de inocéncia), “suspeita razoável” pode xustificar o arresto de unha persoa durante alguns dias, antes de ser imputada, mais non o internamento indefinido. De resto, os detidos e as suas defensas nunca tiveron aceso às provas en que supostamente se fundamentava esa “suspeita razoável” (algunhas arrancadas baixo tortura a prisioneiros de Guantánamo ou outros centros).