S.C.Q. faleceu o pasado 23 de maio no cárcere da Lama. A causa poderia ter sido o consumo excesivo de pílulas das que os Servizos Médicos da cadea proporcionan aos presos. Ao que parece, S.C.Q. tería comprado unha cantidade importante destas pílulas a outros internos e a súa inxestión tería sido a causa da morte, descuberta polo compañeiro de cela no reconto das 08:00, cando os funcionarios lle ordenaron acordar S.C.Q. (e posteriormente mover o cadáver).