A asociación Cádiz Laica, integrada en Europa Laica, denuncia o uso clerical  da sede da Delegación de Urbanismo do Concello de Cádiz, coñecida como Casa ou Palacio dos Lila, “un edificio histórico que merece protección, pertence a toda a cidadanía e debe quedar á marxe de calquera relixión que só representa a unha parte da poboación, Ademais, a Constitución Española no seu artigo 16 reflicte a separación Estado-igrexa ao declarar ‘Ningunha relixión terá carácter estatal’, lembra.

E pregunta:

“Contan a colocación das distintas faixas instaladas na vía pública co correspondente permiso/estudo técnico/seguro de responsabilidade civil?”

“Entendemos que a colocación de pancartas conmemorativas do aniversario unha imaxe relixiosa en espazo público, é inaceptábel e viola a separación igrexa-Estado ao impor unha icona confesional a toda a cidadanía, polo que solicitamos ao Concello de Cádiz a súa inmediata retirada e a investigación das circunstancias da súa colocación.”

Información publicada na páxina de Europa Laica.