Antidisturbios da Policía española cargaron na noitiña desta quinta feira en Vigo contra manifestantes que protestaban fronte ao mitin de Vox no Auditorio Beiramar e no que participou o líder da formación de extrema dereita, Santiago Abascal. “Fóra fascistas da Galiza” ou “Fascismo Nunca Máis” foron algunhas das consignas que se berraron nesa concentración.

 

Imaxe: GZ Contrainfo

Por volta de 200 persoas, segundo fontes da asistencia ao acto, tomaron parte na concentración antifascista, na que se denunciou o “fascismo”, “machismo” e “españolismo” da formación de extrema dereita . A Policía española xustificou a carga en que desde a concentración lle foran atirados diferentes obxectos. As cargas estendéronse por Jacinto Benavente e contorna. Houbo unha persoa detida, acusada de disturbio público.

Sermos Galiza