Os pais denuncian que os axentes utilizaron forza excesiva, o que provocou que o fillo entrase en parada cardio-respiratoria da que xa non se recuperou. A Garda Civil non se pronuncia ao estar o caso xudicializado.

 

Una imagen del vídeo que ha difundido el padre a través de Twitter.                        Unha imaxe do vídeo que difundiu o pai a través de Twitter. @AngelB1951

 

Fermín Cabanillas

No pasado 12 de setembro, a Garda Civil detiña un veciño de Mairena del Aljarafe despois de ser preso na rúa. Fixeron falta catro gardas antes para o deter. Unha semana despois, o mozo faleceu no hospital. O pai, Angel Bejarano, denunciou os feitos, que xa tramita o xulgado de Instrución número 2 de Sevilla, por considerar que podería tratarse dun caso de brutalidade policial con resultado da morte do fillo que, segundo a denuncia, entrou en parada cardio-respiratoria despois de ser detido e nunca máis acordou.

O fillo “estaba en casa moi excitado e violento”, indica a denuncia, polo que decidiu reclamar axuda.

Gravada en vídeo

O pai divulgou o que aconteceu aquel día através do Twitter, nun vídeo de algo menos de 20 segundos en que se ve como os axentes actuaron con violencia para controlar o fillo xa deitado no chan. Na intervención participaron catro gardas civís. “Primeiro viñeron dous, e máis tarde chegaron outros dous”. A gravación total dura uns 28 minutos.

Foi el precisamente quen pediu axuda á Garda Civil, ante a actitude violenta do fillo cos pais, xa que se encontraba en casa moi excitado e violento”. Un dez minutos despois de os pais pediren axuda, presentáronse na casa os gardas civís. Nese momento, o fillo estaba na rúa, e para o controlar foi necesario empregar “defensas metálicas exensibeis”. Despois de o atiraren ao chan, “comprimíronlle o pescozo e o tórax”, e entenden que como resultado desa intervención, o fillo sufriu unha parada cardio-respiratoria da que non se recuperou. A ambulancia tardou bastante en chegar, e non estaba equipada con soporte vital básico.

 

 

“Forza desproporcionada”

Os pais aseguran que, logo de sufrir a parada, entrou en coma e non voltou a acordar, como se reflicte na denuncia que presentaron. Ángel Bejarano lamenta, en declaracións a elDiario.es Andalucia, que ninguén se puxo en contacto con eles para darlles unha explicación ou pedirlles unha desculpa, “nin da Garda Civil nin de ninguén”“.

De momento, contrataron os servizos dun importante bufete do bairro dos Remedios de Sevilla, e están citados a declarar perante o xulgado de Instrución número 2 da capital andaluza no próximo 6 de febreiro. “É tarde, mais aí estaremos”, di Bejarano, que se deu de alta no Twitter para divulgar o vídeo e pedir difusión á historia da morte do fillo.

Para ese 6 de febreiro espera ter, entre outras cousas, o informe da autopsia, que aínda non foi entregado á familia.

Desde a Garda Civil, polo momento, non se valora este asunto ao estar xudicializado.

elDiario.es