Esixir que a comunidade internacional non interfira nos asuntos internos etíopes, en tanto o goberno masacra a súa propia poboación con drones chineses, turcos e emiratís, é unha insensatez.

.

 

Etiopía | Sobre el genocidio en Tigray - El Salto - Edición General                      Unha muller sae da súa casa destruída no pobo de Bisober, Etiopía, o 9 de decembro de 2020. Non CC. Eduardo Soteras

 

Berte Gebreyohanes Belay  (Integrante de Tigrai Hub)

O 3 de novembro do 2020 o Goberno etíope lanzou unha ofensiva militar en resposta a un suposto ataque da Frente de Liberación do Pobo de Tigray (TPLF, na súa sigla en inglés) a unha base militar situada en Tigray, ao norte do país. Desde ese momento a Etiopía está sumida nunha guerra civil atroz que enfrenta, por un lado, as Forzas de Defensa Nacional da Etiopía, as Forzas de Defensa de Eritrea, grupos paramilitares e milicias da rexión veciña de Amhara e, por outro, as Forzas de Defensa de Tigray.

Foron confirmados numerosos crimes de guerra, crimes de lesa humanidade, limpeza étnica e mesmo claros indicios de xenocidio contra a poboación de Tigray. As tropas etíopes e eritreas violaron mulleres e nenas en Tigray. A violación de mulleres non é algo puntual nesta guerra, de feito, a violación é utilizada como arma de guerra. Violaron sistematicamente coa intención de deshumanizar, humillar e subxugar as súas vítimas.

 

As vítimas desta violencia sexual de xénero son millares de mulleres, posibelmente superando largamento as cifras oficiais, pois a maioría dos casos de violación non son denunciados polo estigma que producen, a falta de investigación e a impunidade

 

Unha sobreviviente destes ataques contou como os soldados etíopes a violaron frente aos seus propios familiares e lle meteron unha vareta de metal ardente na vaxina dicindo que “un útero tigré nunca debe dar á luz“. A outra sobrevivente, que chegou inconsciente ao hospital despois de ter sido violada por un grupo durante varios días, os seus carrascos enchéronlle a vaxina con condóns usados, pedras e puntas, segundo un vídeo visto pola CNN e o testemuño dun dos médicos que a atenderon. Nun caso similar, unha nena perdeu a man defendéndose dun soldado que tentou violala. Moitas sobreviventes contan como os soldados lles dixeron que as violaban coa intención de limparlles o sangue. A lista de horrores é interminábel. As vítimas desta violencia sexual son millares de mulleres, indo posibelmente moito alén das cifras oficiais, pois a maioría dos casos de violación non son denunciados polo estigma que producen, a falta de investigación e a impunidade.

As execucións de civís e os masacres tamén foron unha práctica común das tropas etíopes e eritreas. Só na cidade de Axum, os soldados eritreos mataron centos de civís entre o 28 e o 29 de novembro de 2020. “A execución masiva de civís en Axum pode constituír crime de lesa humanidade”, concluíu Amnistía Internacional. Outro elemento importante é o uso da fame como como ferramenta de guerra, non só o goberno etíope está a bloquear a entrada de axuda humanitaria, senón que as forzas gobernamentais tamén queimaron cultivos e saquearon celeiros, deixando o al 90% da poboación de Tigray á beira da inanición.

O deslocamento forzado de case un millón de persoas das súas vivendas, as detencións en campos de concentración por grupos paramilitares da rexión veciña de Amhara levaron a unha limpeza étnica no oeste de Tigray. Non só os tigré que habitan en Tigray sofren estes feitos arrepiantes, senón tamén os tigré que viven noutras partes da Etiopía. As súas contas bancarias foron conxeladas, os seus negocios fechados e recentemente foron presos en masa, mesmo en Adis Abeba, a capital da Etiopía.

Grande parte da diáspora etíope e eritrea manifestouse nas capitais europeas e Washington DC. Os que viven en Madrid non ían ser a excepción. Así que, tiveron a súa manifestación no pasado 6 de decembro. En principio, quen pasease aquel día por Madrid e vise a manifestación podería pensar que era para condenar todas as atrocidades antes mencionadas, pedir paz e xustiza para todas as vítimas, mais non. Era para pedir máis guerra e máis sufrimento en nome da Etiopía. Era para esixir aos países occidentais, nomeadamente á Unión Europea e aos Estados Unidos ollaren para outro lado. Calquer persoa que esixa a resolución do conflito através do diálogo e a reconciliación nacional é considerada inimiga da Etiopía. Un patriotismo obsoleto e unha propaganda fascista, digna do mesmísimo Mussolini, invaden Etiopía disfarzados de panafricanismo e antiimperialismo. Mais, esta non é unha guerra anti-neocolonialista. É unha guerra xenocida entre africanos, de feito, son os fillos e as fillas da Etiopía os que están enfrentados.

 

O panafricanismo comeza en todas as casas africanas, promove a irmandade africana e defende os dereitos dos africanos. É difícil para a Etiopía, incapaz de resolver os seus conflitos internos, abrazar a voz panafricanista

 

O panafricanismo comeza en todas as casas africanas, promove a irmandade africana e defende os dereitos dos africanos. É difícil para Etiopía, incapaz de resolver os seus conflitos internos, abrazar a voz panafricanista. Esixir que a comunidade internacional non interfira nos asuntos internos en tanto masacra a súa propia poboación con drones chineses, turcos e emiratís é unha insensatez. Prohibir a presenza de medios internacionais, negarlles o acceso ao país e criminalizalos con hashtags como ‘CNNisFakeNews’ non é un exercicio antiimperialista, é simplesmente antidemocrático e totalitario. Lanzar mensaxes de amor á patria en canto se criminaliza e persegue veciños non axuda a Etiopía. Os chamados patriotas, instigadores de todo isto, son os que finalmente romperán o país porque o seu discurso polariza, sementa odio e divide. Unha vez que a confianza e o tecido social quebran, o fracaso dunha nación e a súa consecuente traxedia humana é inminente.

Mesmo cando soan as advertencias dun xenocidio en curso, a comunidade internacional fixo moi pouco para cumprir coa súa responsabilidade de protexer alén de expresar interminabeis “preocupacións polo conflito”. Esta flagrante falta de actuación acabou reforzando a impunidade e o fascismo, que agora saíu ás rúas de Madrid. O Reino de España, como membro da Unión Europea e país democrático, debe reivindicarse para defender os Dereitos Humanos. Debemos estar ao lado da xustiza esixindo máis accións e facer que o Primeiro Ministro etíope, gañador do Premio Nobel da Paz, renda contas. A UE e os EUA non deben deixarse intimidar polo goberno etíope e os seus manifestantes belicistas, senón que deben tomar medidas decisivas se queren parar unha traxedia humana. A lema de ‘nunca máis’ debe cumprirse para deter un xenocidio que se desenvolve en pleno século XXI.

El Salto Diario