“Un recluso do Centro Penitenciario Teixeiro denunciou o 9 de agosto de 2016 que, após un altercado verbal cos funcionarios de prisión no decurso dunha inspección da súa cela, o grupo de funcionarios da prisións encarregados das inspeccións abandonou a cela e entrou no patio. Desde alí asperxiron a súa cela cun spray de pementa . Posteriormente, levárono a unha cela vacía onde lle propinaron puñadas e bateron nel con porras por todo corpo. A continuación, mantivérono espido durante unhas 36 horas fixado boca abaixo, sen poder acceder a un cuarto de baño durante toda a aplicación da medida. Obviamente, fíxo as súas necesidades encima. Ademais, non lle deron nada para comer durante o período de suxeición mecánica”. Na páxina 34, apartado 44, do relatorio o CPT resume varios relatos de feitos acontecidos en Centros Penitenciarios consistentes en lesións sofridas por presos e que, a seu xuízo, deben ser calificados como provistos de credibilidade.

No entanto, na resposta evacuada polo Reino de España , Secretaría de Estado de Seguranza , na páxina 17 , a Institución Penitenciaria sinala:

“Las indagaciones realizadas señalan que el citado interno H.A. protagoniza un incidente cuando, sobre las 09.00 h durante el cacheo de su celda, se niega reiteradamente a retirar la ropa de la ventana y las cuerdas que cuelgan de la misma. Poco despues y en demanda de salir al patio, se auto inflige un pequeño corte e insta a otros internos a secundarlo al tiempo que airadamente profiere amenazas e insultos contra los funcionarios.

Consta el uso de la fuerza fsica y la utilización de esposas para su traslado a la enfermería y al departamento donde fue provisionalmente aislado, pero exclusivamente hay constancia de la utilizacin de tal contención durante el tiempo necesario para la realizacin de estos desplazamientos, no más de 20 minutos, hasta la aplicación del aislamiento provisional.

En cuanto al uso de aerosoles o sprays, el centro no dispone de ningún tipo de ellos para su utilizacin por el personal y al igual que la prolongación en el tiempo de la medida de contención, no se advierten indicios de veracidad en el relato realizado por el interno. En este sentido, el interno no realizó alusión alguna a este supuesto mal trato en la fase de alegaciones del procedimiento disciplinario tramitado por este incidente ni tampoco señala nada al respecto en el recurso que interpuso ante el Juzgado de Vigilancia Penitenciaria n” 1 de Galicia- A Coruña”.

 

Resultado de imagem para funcionarios c.p. teixeiro

 

Mais non consta no citado informe descripción das lesións padecidas polo penado , nin dilixencias de investigación contraditorias elaboradas pola Institución Penitenciaria polo que non hai indicios obxectivos que disipen a credibilidade que o propio C.P.T. conferiu ao relato dos feitos realizado por H.A.

Na súa denuncia, Rosa Verdugo Matês insiste en que eses feitos son calificados como verosímeis non pola asociación que asina esta denuncia (EsCULca)  senón polo propio C.P.T do Consello de Europa , órgao de recoñecido prestixio ,imparcialidade e do que non cabe predicar motivos espúrios ou de incredibilidade subxectiva. Polo que estima que , constatada polo CPT a narración dos feitos e valorada por este órgao como críbel a causación dos mesmos, compre á Fiscalía proceder a investigar os mesmos exhaustivamente.

En tal sentido, e sen prexuizo das dilixencias que acordar o Ministerio Público, EsCULcA demanda que sexa tomada declaración ao preso identificado polo C.P.T. e se arrecade a documentación relativa aos feitos: expediente íntegro aplicación de medios coercitivos e laudos médicos de asistencia, asi como identificación dos funcionarios actuantes e toma de declaración dos mesmos. Tamén solicita lle sexan notificados os acordos que foron adoptados polo Ministerio Público.

Denuncia á Fiscalía