Un vídeo captou o momento en que un oficial da policía de Texas matou na pasada segunda-feira a tiros Pamela Shantay Turner cando se resistía a unha detención.

A policía local defende o axente e asegura que “se viu obrigado a disparar” porque a muller arrebatoulle o Taser (pistola eléctrica) para utilizalo contra o oficial.

O movemento antirracista ‘Black Lives Matter’ concentrouse fronte á comisaría da cidade: “Outra persoa negra que perdeu a vida pola violencia sen sentido”

 

Captura del momento en el que Pamela Shantay grita al policía que esta embarazada, instantes antes de ser disparada. Momento en que Pamela Shantay afirma estar grávida.

 

Un axente da policía de Texas (EEUU) matou de cinco disparos unha muller afroamericana momentos despois de esta lle advertir a berros que estaba grávida nun incidente ocorrido na noite da pasada segunda-feira que foi captado en vídeo por un veciño, informan medios locais. “Estás acosándome. Vou para casa”, dicíalle Pamela Shantay Turner momentos antes de ser cribada a tiros.

O episodio en que perdeu a vida Pamela Shantay Turner, segundo a identificación dos seus familiares, aconteceu na cidade de Baytown, próxima a Houston, principal cidade de Texas.

O tenente da policía local Steve Dorris asegurou que o axente patrullaba nun complexo de apartamentos e tentou arrestar a muller, de 45 anos, que o axente recoñeceu por ter contas pendentes coa xustiza. No vídeo, tomado por un dos veciños, óuvese a muller dicir ao axente “Estás acosándome” e “Vou para casa”.

As imaxes mostran o axente tentando aparentemente alxemar a muller, mais ela consegue soltarse, momento en que o axente dispara a pistola eléctrica Taser e ela cae ao chan. Logo após prodúcese unha pelexa, en que a muller lle pregunta a berros “Por que?”, mais o axente non responde e continúa tentando arrestar a muller, que axita os brazos e grita: “Estou grávida”.

 

 

A loita continúa e, segundo a policía de Baytown, a muller “puido obter o control do Taser e utilizouno contra o axente”. No vídeo vese o axente que recúa e dispara en cinco ocasiones contra Shantay Turner.

A policía local defende que o axente, con 11 anos de experiencia no Departamento de Policía, foi “obrigado” a disparar á muller, despois de ela facerse coa pistola eléctrica do axente e usala en contra del, aínda que esclarece que o uniformado non sufriu feridas graves.

A Policía tamén indica que aínda non podían confirmar se estaba grávida. Será a autopsia que o determine.

“É un evento tráxico para todos os involucrados, por suposto, os nosos corazóns están coa familia da falecida e co noso axente”, comentou Dorris nas redes sociais da corporación. De acordo co diario Baytown Sun, o axente recibiu tres días de licenza administrativa paga como parte da “práctica habitual” por parte de Departamento de Policía neste tipo de casos.

A morte a tiros de Pamela Shantay Turner provocou a concentración dunha ducia de manifestantes fronte á comisaría de policía de Baytown que portaban cartaces con lemas como “Non hai xustiza, non hai paz” ou “As vidas negras importan”, segundo informa AP.

“Outra muller negra que perdeu a súa vida”, afirmou á axencia AP Ashton P. Woods, activista do movemento ‘Black Lives Matter‘ en Houston. “Outra persoa negra que perdeu a vida, por violencia sen sentido. Morreu despois de recibir cinco disparos, cando estaba desarmada”, lamentou o activista.

eldiario.es