Catro palestinos morreron na pasada segunda feira en confrontos coas forzas israelitas no acampamento de refuxiados de Jenín, no norte da Cisxordania ocupada, onde se multiplicaron os choques nas últimas semanas, ante o que a Autoridade Palestina advertiu sobre unha «situación explosiva».

 

PALESTINA. Israel asesina a cuatro jóvenes

 

A policía de fronteiras israelita, unha unidade armada que opera na Cisxordania, participaba na segunda feira nun operativo en Jenín para deter un sospeitoso de participar en actividades «terroristas», segundo dixo, cando foi albo de disparos.

«Houbo un intenso tiroteo a curta distancia de parte dun grande número (de persoas) contra a forza israelita. As forzas da policía de fronteiras responderon os terroristas e conseguiron neutralizalos. Non houbo vítimas nas nosas filas», dixo a policía de fronteiras sionista.

Saleh Omar, de 19 anos, e Raed Abu Saif, de 21, así como Amjad Iyad Azmy e Nur Abdelilá Jarari, cuxas idades non foron precisadas, morreron «por disparos» israelitas, asegurou o Ministerio de Saúde palestino.

Un fotógrafo da AFP constatou a morte de Omar e Abu Saif na morgue do hospital de Jenín, en tanto que os corpos dos outros dous están en poder das forzas israelitas, segundo o ministerio palestino.

Un porta-voz da policía de fronteiras israelitas confirmou á AFP esa información.

«A política israelita (en Cisxordania) conducirá a unha situación explosiva, a un aumento das tensións e á inestabilidade», advertiu o porta-voz da presidencia palestina, Nabil Abu Rudeina.

Denunciando nun comunicado un «crime de odio», considerou Israel «responsábel da escalada e das súas repercusións».

Abu Saif e Jarari, eran orixinarios da cidade de Jenín. Os outros dous palestinos mortos vivían no acampamento de refuxiados desa cidade, un punto quente durante as dúas intifadas (levantamentos palestinos, 1987-1993 e 2000-2005), segundo a axencia oficial palestina Wafa.

Insurgente