Institucións Penitenciarias paralisou temporalmente o programa despois de que nos últimos anos só se inscribise o 4% dos presos.

 

Interior interrumpe la entrada de nuevos presos yihadistas en el programa de desradicalización por sus escasos resultados | España | EL PAÍS

 

 

Enrique Recio

A Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias, dependente do Ministerio do Interior, paralisou o seu programa de desradicalización yihadista despois dos malos resultados conseguidos desde a súa posta en andamento en 2016, cando estaba á frente do departamento o ‘popular’ Juan Ignacio Zoido. Os datos falan por si sós. Até hai un mes, apenas catro presos formaban parte deste programa voluntario. O que supón un 4% do total de presos (98) que cumpren condena por un delito relacionado coa yihad, segundo datos de Prisións.

En números xerais, a estatística tampouco varía. No últimos seis anos, só se inscribiron a este obradoiros de reinserción 52 internos. Se se compara, por exemplo, cos detidos por terrorismo yihadista no mesmo período de tempo en operacións desenvolvidas polas forzas de seguranza (350), este número supón apenas un 14% do total de presos. Os dous primeiros anos en que se puxo en andamento esta iniciativa, 2016 e 2017, foron que os tiveron máis éxito en inscricións: entre 14 e 15 presos.

Un escenario que levou a reformularse o deseño deste programa, que pretende desvincular o preso da violencia sen interferir nas súas ideas relixiosas. Segundo sinala o departamento dirixido por Ángel Luís Ortiz, nunha resposta ao Portal de Transparencia, decidiuse interrompelo polos seus escasos resultados. Prisións, di o escrito, «xa non promove a inclusión de novos internos debido a que o programa está a ser obxecto de revisión e mellora». «Era un desastre, non funcionaba. Quen o deseñou non tiña a menor idea», critican fontes sindicais.

Un programa psicolóxico

O programa, cancelado temporariamente desde inicios deste ano, foi creado en 2016 sob o nome “Programa Marco de Intervención en Radicalización Violenta con Internos Islamitas”, e tiña como obxectivo a «prevención, o desengate e desradicalización daqueles internos cunha asunción arraigada dunha ideoloxía extremista». Para conseguir ese fin establecía tres fases que sumaban 19 pasos. Entre eles estaba «o autocoñecemento persoal»; «a modificación e mudanza persoal», «unha análise profunda da súa historia» ou «o relato da vivencia relixiosa».

Neste último, debulla esta iniciativa, era onde Institucións Penitenciarias perseguía que o preso en cuestión expuxese abertamente a súa fe, a súa vivencia e a súa historia á afiliación ao Islam, procurando unha desmitificación». Despois tamén había outros como «a admisión do radicalismo» ou a adquisición de «valores prosociais» como o respecto á figura da muller. En definitiva, un programa máis psicolóxico, voluntario e cunhas regras mínimas que conducise estes reus a abandonareb progresivamente a violencia.

Mudanzas anteriores

Aínda que agora foi paralisado, este programa sufrira xa nos últimos anos algunhas mudanzas. No verán de 2020, Institucións Penitenciarias revisou o programa de desradicalización, susceptíbel de aplicarse entón a unha poboación reclusa de 243 internos, dos que 50 se situaban como «líderes» con capacidade de captación nas prisións. Deste xeito, o obxectivo, subliñou o secretario xeral, Ángel Luís Ortiz, era introducir novos indicadores para previr a radicalización dos internos.

En 2018, entretanto, o Partido Popular tamén o retocou pondo en andamento un instrumento de avaliación do risco de radicalismo violento. Através de 39 aspectos, os psicólogos debían determinar o nivel de radicalización en que se centraban os presos e avaliar a posibilidade de que fosen reinseridos.

Receo entre os funcionarios

Por outro lado, este tipo de iniciativas xeraron certas criticas entre o colectivo dos funcionarios de prisións. Estes traballadores insisten en que os programas están mal direccionados, nomeadamente, porque a maioría de yihadistas en España non son detidos por un delito violento senón ben por autodoutrinamiento ou ben por divulgaren as teses violentas do islam através da internet. E portanto non encaixan nos pasos que establece o programa.

Derecho Penitenciario.