Evaristo Páramos, vocalista de Gatillazo e ex da Polla Records, foi identificado pola Garda Civil ao termo dun concerto en Xerez. Aínda que se falou dunha denuncia contra o contido das súas letras, Efe afirma que a actuación policial foi debida aos supostos «improperios» proferidos polo cantante contra a Benemérita. O cantor non foi conducido a comisaría.

 

Evaristo                           Evaristo Páramos, nunha imaxe de arquivo. (Raul BOGAJO/FOKU)

 

O actor Willy Toledo foi quen puxo fin aos rumores que circulaban na rede sobre unha posíbel detención por parte da Garda Civil de Evaristo Páramos, vocalista do grupo musical Gatillazo e ex de La Polla Records.

Segundo informou o actor mediante un post na súa páxina persoal de Facebook, Evaristo foi identificado mais non detido pola Garda Civil ao termo do seu concerto no Festival Primavera Trompetera, en Xerez.

O cantor non foi conducido a comisaría e a actuación policial foi consecuencia de supostos «improperios» proferidos polo vocalista contra a Garda Civil, segundo afirma a axencia de noticias Efe.

Fonte: Naiz