Especialmente cruel entre os máis selvaxes torturadores do franquismo (polas súas mans pasou moitísima xente con resultados arrepiantes), o ex inspector da Brigada Político Social José Antonio González Pacheco (aliás Billy el Niño) recibe unha pensión que se ve aumentada nun 15% de maneira vitalicia. E é que, dous días antes de celebrarse as primeiras eleccións no Estado español (en 1977), o mencionado inspector recibiu unha condecoración (a Medalla de Prata) “en atención aos seus méritos”. A condecoración correu a cargo do que na altura era ministro de Gobernación, Rodolfo Martín Vila (tamén reclamado, como o propio Billy el Niño, pola Xustiza arxentina).
Compre subliñar que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) solicitou ao Goberno de Mariano Rajoy información sobre o aumento do 15% da pensión de maneira vitalicia. O Director do Gabinete Técnico do Ministerio de Interior respondeulle desta feita:
“O Centro Directivo da Policía Nacional informou a respecto diso que o señor González Pacheco foi condecorado coa medalla de prata segundo publica o BOE de data 1 de xullo de 1977 e na actualidade continúa a ser beneficiario en suspensión do mesmo aumento salarial dun 15% que gozou a partir da súa condecoración e continúa a perceber a contía correspondente á esa condecoración”.
Esclarece tamén que a medalla de prata ao Mérito Policial é unha condecoración policial que leva anexa de forma vitalicia unha pensión anual equivalente ao 15% de 14 mensalidades de salario e trienios “cuxa importancia é pagada en 12 mensalidades e nada ten a ver coa pensión que por xubilación se establecese por Clases Pasivas do Estado”.
Marca España en estado puro.
Fonte: Insurgente