César Strawberry, segundo pola esquerda, nun concerto en México © Def Con Dos

 

Strawberry foi detido en 2015 e despois de ser absolvido inicialmente pola Audiencia Nacional, a Fiscalía recorreu o arquivo ao considerar que se “trivializaran” eses comentarios. Finalmente, foi condenado no Supremo en xaneiro de 2017. Aquela sentenza, da que foi relator o presidente da Sala do Penal, Manuel Marchena, sinalaba que “a liberdade de expresión non pode ofrecer acubillo á exteriorización de expresións que encerran un inxustificábel desprezo cara ás vítimas do terrorismo, até implicar a súa humillación”. Tres anos despois daquela condena, o Constitucional considera que aquelas mensaxes si están amparadas pola liberdade de expresión.

Hai uns meses o Concello de Lugo incluíu o grupo de Strawberry, Def con Dos, formado en Vigo e que no seu momento participou no Xabarín Club da TVG, na programación de concertos do San Froilán. O PP criticara o goberno local por “amparar a radicalización”.

Praza Pública @prazapublica