O primeiro ministro británico, Boris Johnson, anunciou algunhas medidas para combater a Covid-19 que levantaron polémica. As medidas céntranse en boa medida na distancia social para combater a pandemia do coronavirus. Contodo, hai especialmente unha que non deixa indiferente ninguén. O Reino Unido prohibe o sexo entre persoas que non vivan xuntas, nunha mesma casa. Unha prohibición que os media e as redes sociais non tardaron en baptizar: #sexban ou prohibición de ter sexo.

 

View image on Twitter

Chantelle@chaneylawrence

View image on Twitter

 

d

 

Sexo con máscara
A prohibición coincide cun estudo de Harvard que explica como tería que ser o sexo poscoronavirus. E é ben claro: as parellas terían que ter sexo con máscara. O estudo, publicado en Annals of Internal Medicine, quería estudar se é posíbel contraer o coronavirus durante as relacións sexuais, e a conclusión é que haberá que utilizar máscara facial, sobretodo en relacións sexuais con persoas descoñecidas.

Ora ben, o estudo resalta que tamén é arriscado o sexo con persoas coñecidas. “Calquera contacto sexual con outra persoa, probabelmente, pode comportar risco de transmisión”, afírmase no estudo.

El Nacional