As imaxes de xornalistas, activistas e manifestantes sobre o tres vehículos que a Garda Civil decidiu non estacionar nun parking na xornada do 20 de Setembro do 2017 son unha peza chave para a acusación dos Jordis no xulgamento ao Procès. Aquí presentamos información sobre eles.

 

 

Os vehículos da Garda Civil ocupan moito espazo: en primeiro lugar, non foron estacionados no parking, como si fixeron outros axentes durante a mañá do 20 de setembro.

Descoñécense os motivos polos que os axentes decidiron deixalos na rúa, mesmo cando comezaron a chegar manifestantes ás portas da Consellería de Economía e Facenda ao tempo que producía o inspección da mesma.

Descoñécese o motivo por qué os axentes deixaron alí os vehículos e, segundo foi publicado xa en reiteradas ocasións, e denunciado durante o xuízo en intervencións como a de Jordi Cuixart, deixando armas longas dentro deles sen a debida custodia, cuestión esta que non está a ser o suficientemente analizada nin coñecida, apesar da gravidade que supón o feito.

Durante a sesión do xulgamento vimos que algúns falan de sete vehículos esnaquizados, outros falan de seis, outros de tres.

O que si puidemos constatar todos, através das imaxes, é que durante o día subiron aos vehículos unha grande cantidade de persoas de diferentes perfís: xornalistas, fotoxornalistas, cámaras, activistas sociais e manifestantes. Ninguén sabe quen ocasionou os danos nos vehiculos e, curiosamente, non existe ningún vídeo nin imaxe do momento en que se produciron estes feitos. O único que se sabe é que os vehículos remataron o día cheos de adhesivos, con vidros partidos, as rodas furadas. E de momento a quen se pediu explicacións por iso é a Jordi Sánchez e a Jordi Cuixart, que precisamente subiron a un deles para pedir aos manifestantes marcharen a casa despois de dar por terminada a concentración. Ademais, segundo informaron, avisaron un axente da Garda Civil para subir ao vehículo e este díxolles que Si, que subisen porque os danos aos vehículos xa se tiñan producido.

Os vehículos que estaban fronte á Consellería de Economía eran iguais: Patrol GR E61, segundo informa o xornal Motor. Un modelo fabricado en exclusiva por Nissan no Xapón, e utilizado pola súa grande resistencia e rendemento. Teñen máis de vinte anos de antigüidade, pois a matriculación consta do ano de 1997. Os propios axentes da Garda Civil destinados na Catalunya manifestaron moitas veces queixas polo mal estado destes vehículos, porque están xa moi vellos e non proporcionan as prestacións que necesitan para traballar correctamente.

É máis, estes vehículos non cumpren cos requisitos ambientais necesarios para circular polas grandes cidades durante os episodios de alta contaminación e, segundo apunta a lexislación e sinala a publicación especializada en Motor, nos próximos anos non poderán circular por ningures.

Os vehículos foron levados con grúa a un taller no bairro do Congost, en Martorell, onde se realizou unha avaliación dos danos. Segundo se informa nesta peza, o atestado que a Garda Civil realiza e envía á Audiencia Nacional, asegura que o custo da reparación deste tres vehículos ascendía a 135.632 euros.

El Confidencial publicou a información sobre o orzamento da reparación aquí.

Nesta información detállase que o primeiro vehículo tería un custo de reparación de 33.729 euros; o segundo, de 34.708 euros; o terceiro de 67.193 euros.

No orzamento fálase de mudanza de rodas, reparación de parachoques, luces, espellos, parabrisas, cadros de mandos, apoios de cabezas, capós, chapa, tapicería, grella, desinfección, limpeza, motor, bomba de inxección…

Segundo sinala o xornal Motor, a opinión de profesionais na materia é que hai danos que é moi dificil relacionar co acontecido no 20S, e que figuran no orzamento de reparación. Neste sentido sinalan que non hai nin unha única proba de que alguén tivese aberto o capó do vehículo para danar o motor, por exemplo. Así, explicaron que normalmente as razóns para substituír un motor son de índole técnica, de fallo mecánico. Os expertos sinalan que o peso dunha persoa sobre o vehículo non é motivo para que un motor sufra danos, por norma xeral. E indo alén diso, trátase dun motor que hai anos que non se fabrica (máis de cinco anos), polo que sería realmente difícil poder acceder a un novo, xa que seria preciso reconstruílo. Cambialo por un de segunda man non parecía unha opción no orzamento, cuestión que suporía un custo moito menor que o sinalado.

No mesmo sentido, pola información que facilita Motor, podemos saber que as pezas que se mencionan no orzamento poden acharse moito máis baratas noutros lugares.

Chama a atención a valoración económica destes vehículos, tendo en conta que hai pouco tempo foron puxados outros similares, mesmo con maiores prestacións ao estaren blindados, e o prezo medio era de 630 euros, mesmo algúns chegou a ser vendido por pouco máis de 100 euros, ao ter máis de 400.000 quilómetros.

Finalmente, a Garda Civil non ordenou realizar a reparación.

Beatriz Talegón

Diario 16