O 1º de xuño unha enfermeira que atendía persoas feridas nos protestos levados a cabo perto dos límites da Faixa de Gaza, foi asasinada por soldados sionistas. O portavoz do Ministerio de Saúde, Ashraf al-Qudra, informou tratarse de Razan al-Najjar, de 21 anos. A xoven enfermeira foi atinxida por un disparo no leste de Jan Yunis, no sul da Faixa. Compre lembrar que no decurso dos protestos foron asasinadas 120 persoas e máis de 12.000 resultaron feridas.

 

Fonte: Insurgente