O 30 de agosto de 2017 un grupo de militantes nacionalistas realizaron unha acción simbólica sorpresa no pazo de Meirás. A intención era dar dimensión nacional e internacional ao escándalo que supón que, aínda a estas alturas, a familia Franco continúe a manter privilexios que retratan tamén a calidade democrática do Estado que padecemos. Agora 19 activistas poderían xuntar até 247 anos de cárcere por esta acción.

 

19 de Meirás

 

Porén, a querela criminal interposta pola familia do ditador, á que se sumou a Fundación Nacional Francisco Franco, acusa 19 militantes de diversos delitos pola realización desta acción, que poderían chegar até os 13 anos de prisión para cada unha das persoas denunciadas, alén dunha multa nunha cantidade indeterminada. Colectivamente poderíanse sumar até 247 anos de prisión e por volta de medio millón de euros de multa.

Animamos tamén a expresar a túa solidariedade, individualmente, asinando na web específica https://19demeiras.wordpress.com/19-de-meiras-solidariedade-gl/