Contou o acontecido Nerea Martí, que explicou as dificuldades que tiveran para ir desde o edificio do congreso ao edificio que está xusto en frente, donde teñen os seus gabinetes. Cando chegaron ao congreso non tiveron problemas, mais despois a situación complicouse: ‘Laura veu hoxe ao congreso para asistir á xunta de porta-voces das doce. Naquel momento, comezaba a haber movemento, mais había un cordón que mantiña contidos e afastados os manifestantes. Cando saímos, vimos que os manifestantes ultrapasaran o cordón. Atravesaron a rúa e comezaron a perseguirnos, todo diante dos policías de servizo que protexían o congreso diante do protesto. Dicían ‘Ven aquí se te atreves’, recoñecíanna e sinalábanna, ‘Olla, aquela é a Laura Borràs’. Fomos depresa até o edificio dos gabinetes e non nos aconteceu nada, alén da tensión’.

Mais Borràs tiña que ir ao aeroporto, e a Carrera de San Jerónimo, onde está o congreso, estaba chea de manifestantes. ‘Pedimos á comisaría da policía do congreso escolta para podermos sair e dixéronnos que non por falta de efectivos’, relata Martí. Laura Borràs: ‘Permitiron que accedesen a todo o recinto de maneira que era imposíbel sair e apañar un taxi porque os manifestantes nos perseguían e insultaban e os policías de seguranza do congreso se negaban a acompañarnos. Foron os bedeis que, vendo o perigo, nos aconsellaron atravesarmos a rúa polo túnel subterráneo que conecta os dous edificios’.

Finalmente, foron acompañadas por tres membros do persoal do grupo de JxCat e outro do grupo do BNG, que se ofreceu a axudalas. Saíron de novo para o edificio do congreso, mais tamén agora polo paso subterráneo. Pediron un taxi, que as esperaba á saída pola rúa Cedaceros. Ora, para chegar ao taxi tiñan de percorrer unha decena de metros cheos de manifestantes que as increpaban. ‘Foron cinco metros de insultos e berrros. Aos membros da equipa técnica tanto de JxCat como do BNG que nos acompañaban para podermos apañar o taxi ainda lles tremen as pernas’.

Nerea Martí lembra: ‘Percorremos a decena de metros, os manifestantes movíanse sen ningún control nin cordón policial, e botáronse en cima de nós insultando: ‘puta catalana’, ‘filla da puta’, a medida que se sumaban máis manifestantes, uns vinte ou trinta. Entramos no taxi e comezaron a dar golpes na carrocería, pondo as mans nas xanelas.. todo diante da pasividade dos policías que estaban de servizo.’

Borràs presentou un escrito á presidenta da cámara, Meritxell Batet, e denunciou o asedio con estes chíos no Twitter.

Laura Borràs 🎗

Laura Borràs 🎗

Mostra la imatge al Twitter

Laura Borràs 🎗

Davant de la negativa del @Congreso_Es a oferir-nos protecció, amb les portes tancades pel perill dels manifestants que campaven lliurement per tot arreu, tècnics de @JuntsXCat i @bngcongreso m’han acompanyat a pujar al taxi que s’esperava fora de la zona acordonada via túnel!
Mostra la imatge al Twitter

Laura Borràs 🎗

Laura Borràs 🎗

Laura Borràs 🎗

Laura Borràs 🎗

Laura Borràs 🎗