Daniel Jiménez, cigano de 37 anos, foi parado pola policía, detido e conducido sob custodia policial á comisaría de Alxeciras. Foi achado morto no calabouzo. A versión policial di que Daniel se enforcou. Mais antes chamara os pais para lles dicir que estaba ben.

 

No es sólo discriminación, ni desigualdad, ni racismo… se ...

 

 

En Minneapolis, un home afro-americano é asfixiado até a morte baixo o xeonllo dun policía branco, case nove minutos de agonía son filmados, nove minutos en que pede por favor que o deixen respirar. Que o están matando. O funesto episodio pon todo a mexer, e millóns de persoas saen ás rúas para pedir xustiza, a asegurarse de que o seu nome, George Floyd, non sexa esquecido.

Protestos que percorren os EUA dunha punta a outra, pondo en xeque o sistema de dominación racial, numerosas agresións policiais son filmadas e divulgadas na sociedade da imaxe. As redes son alagadas dun fondo a negro como foto de perfil, en homenaxe a George Floyd. Estrelas de cinema, académicos e persoas influentes mostran o seu apoio público aos protestos e á condena ao racismo institucional, á brutalidade policial.

 

Gitanos de Málaga acompañan a su Cristo y a su Virgen ...

 

A Casa Branca é rodeada por manifestantes, ten de apagar as luces durante a noite por primeira vez na súa historia; o persoal de seguranza conduce o presidente Donald Trump a un búnker contiguo, moi ben protexido polo que poda acontecer, entretanto el twittea como un tolo os seus delirios racistas coa conivencia do resto da ultradereita internacional.

Como o protesto xa é global, todo político que non quer ser ‘metido no mesmo saco’ xunto co vilipendiado Trump, afánase en saír á palestra apoiando os protestos estadunidenses, evitando criticar as políticas racistas que o Estado aplica, tan visibeis nas marcas que os seus corpos de seguranza provocan nas vidas das persoas racializadas.

Os protestos teñen un punto en común, a hipocrisía que mostra unha sociedade á que é fácil conmoverse pola morte de George Floyd, a un océano de distancia, mais é capaz de anunciar que no Reino de España non hai racismo, e que as súas graves consecuencias son produto da aporofobia ou a falta de educación. É sinxelo pronunciarse así cando non sofres racismo, en troca cando instintivamente comezas a tremer ao ver o azul das luces policiais, iso xa é fariña doutra moiñada.

 

Falar sobre a brutalidade e a violencia policial, para calquera persoa cigana, é unha tarefa ardua, porque non é algo abstracto, senón algo que o sentimos nos nosos corpos, é algo que se manifesta na nosa vida diaria

E é que falar sobre a brutalidade e a violencia policial, para calquera persoa cigana, é unha tarefa ardua, porque non é algo abstracto, senón algo que o sentimos nos nosos corpos, é algo que se manifesta na nosa vida diaria, que afecta as nosas propias familias e, mesmo acaba coas nosas vidas. No momento en que un policía nos para pola rúa, nos revista, agride, insulta e mesmo mata, os kalos non representamos para eles máis nada que un risco. Somos un corpo de risco -o corpo racializado que teñen que ser controlado, disciplinado, ‘educado’, contido e/ou eliminado antes de ‘infectar’ a sacralizada vida social branca.

 

El racismo en España | Estudios Hispánicos: Historia ...

 

Daniel Jiménez, cigano de 37 anos foi parado, detido e transferido sob custodia policial á a comisaría de Alxeciras. Despois foi achado morto no calabouzo. A versión policial di que Daniel se enforcou. Mais chamara os pais para lles dicir que estaba ben e que sairía na mesma segunda-feira.

Nesa mesma comisaría no mes de febreiro tamén foi achado o corpo sen vida de Imad Eraffali, marroquino de 23 anos como informa El Faro de Ceuta. Mesma alegación policial, ‘suicidio’ por enforcamento cun trozo de manta.

En 2018 a familia de Manuel Fernández, cigano, recibe unha chamada desde a prisión de Albocàsser (Castelló), o fillo de 28 anos foi achado morto na cela de isolamento. ‘Morte súbita’ alegaron os funcionarios de prisións; os familiares apesar da férrea resistencia con que toparon, conseguiron ver o corpo sen vida de Manuel… cheo de marcas de arrañóns, co nariz partido, pulsos e nocellos con contusións, uñas rotas…

No cárcere de Zuera (Zaragoza), Pedro Antonio Calahorra Hernández, cigano, de 21 anos, é recluído nunha cela de isolamento en que, lembremos, non poden entrar cordóns ou outros obxectos potencialmente lesivos. Falou coa avoa apenas dous días antes da terríbel noticia. Foi achado morto, segundo declaran as autoridades competentes, esganado co cabo do televisor. Outro ‘suicidio’.

Miguel Ángel Fernández, cigano, foi detido en Zaragoza, e retido nos calabouzos da comisaría do corpo nacional de policía. Desde fixo un traxecto durante o cal lle foi administrado un enorme cóctel de psicofármacos, entre eles metadona, apesar de non ser drogo-dependente. Segundo o atestado policial morreu por ‘morte súbita’. No atestado non son mencionados os avisos dos compañeiros de cela que alertaron da falta de respiración, nin os quince minutos de gravación ‘extraviados’ correspondentes á detención de Miguel. Apesar das denuncias, o xuíz ditou arquivamento da causa.

 

A cara máis crúa do anticiganismo, o mecanismo de represión por antonomasia usado polo poder payo para subordinar, ‘civilizar’ e mesmo eliminar o pobo romaní, foron e son as forzas de ‘seguranza’ do estado

 

É evidente que os mecanismos de represión dese sistema de dominación ao que chamamos anticiganismo teñen moitas caras, mais a máis crúa, o mecanismo de represión por excelencia usado polo poder payo para subordinar, ‘civilizar’ e mesmo eliminar o pobo romaní, foron e son as forzas de ‘seguranza’ do estado, que xunto co sistema xudicial e o penal, aseguran que o sistema racial continúa a funcionar á perfección.

O encarceramento masivo de persoas ciganas é unha realidade no Estado español, como xa apuntou a principios do ano 2000 o proxecto ‘Barañí’ nun estudo acerca das mulleres ciganas encarceradas. As cifras son arrepiantes: sendo oficialmente ao redor do 1,7% da poboación española total, nos cárceres representan o 25% das reclusas. Aínda cando no caso da violencia policial anticigana existe un claro viés de xénero, xa que o obxectivo principal dos ataques costuman ser homes novos, infelizmente este tema non parece chamar a atención das investigacións e a axenda académica dominante neste tipo de estudos.

A construción do imaxinario colectivo cigano-carcerario, cun punto álxido nos finais dos anos setenta e oitenta no cinema kinki, xunto co éxito musical de grupos ciganos con letras duras sobre cárceres e marxinalización, non só achan resposta real en como éramos tratados por aquela sociedade que despectivamente chaman a ‘España cañí’, senón que son un fiel reflexo das vivencias que en bairros ‘gueto’, viven as comunidades romanís hoxe. Así é como este nefasto sistema racista continúa a nos asediar, vixiar, encarcerar e asasinar coa complicidade da sociedade civil, pois no seu imaxinario colectivo é o que merecemos.

Aquel reflexo hoxe convertido en cultura ‘pop’ da marxinalización cigana nos anos setenta, é a mesma construción que a lóxica da modernidade Europea construíu sobre nós e sobre musulmáns, negros e indíxenas. É o deshumanizado relato de seres irracionais e perigosos que non chegan á categoría de ser humano e portanto, non son dignos de ser tratados como tal. Sendo o principio que fundamenta as nosas relacións co Estado, a violencia e o control.

 

Os serios obstáculos para a denuncia e o pesimismo máis absoluto que rexe a nosa relación cos poderes provoca que non denunciemos sequer as máis selvaxes agresións contra nós

Por un lado, o medo que xera a perpetua violencia á que somos sometidos, a perpetua desconfianza nas institucións, os serios obstáculos para a denuncia e o pesimismo máis absoluto que rexe a nosa relación cos poderes provoca que non denunciemos incluso as máis selvaxes agresións contra nós.

Por outra, a ignorancia mediática ou o tratamento racista do racismo anticigano incentiva a non visibilización e a estigmatización social dos nosos problemas. Caricaturizados como criminais, todo o relato mediático tende apuntar a iso, vímolo moi claro con Manuel Fernández no programa de Ana Rosa, quen foi vítima dun tiro na cabeza disparado por un veciño payo. Por estar perto do seu horto, ao pensar o ‘amábel xubilado’, en palabras do propio programa, que ía roubarlle catro fabas.

A usurpación do espazo político romaní e o rexeitamento sistemático a ser recoñecidos como un suxeito político autónomo en igualdade co resto de autonomías que compoñen o Estado español, alén da negación da nosa identidade nos tratamentos informativos e oficiais, fai que sexa case imposíbel realizar un rexistro de vítimas fidedigno. Portanto, é moi complicado demostrar con datos á Administración a desproporcionalidade en detencións de persoas ciganas, do seu encarceramento e mesmo da súa morte sob custodia policial.

A brutalidade policial é a punta do iceberg, a cara máis visíbel dun sistema de dominación racista que revela o arraigamento da sociedade actual no pasado xenocida que se nega a confrontar; un reflexo palpábel da supremacía branca e a súa profunda imbricación nas narrativas e aspiracións políticas do Estado mesmo e as súas institucións.

Hoxe vemos como cidades do mundo enteiro se levantan en protesto, vemos como a mesma sociedade que erixiu con orgullo estatuas a recoñecidos escravaxistas ou xenocidas agora as derruba. Ao tornar a ollada á sociedade en que vivimos, surxe a dúbida de se España será capaz de derrubar as estatuas de Colón, de queimar as ‘xestas heroicas’ de Nuñez de Balboa ou de borrar do rueiro e a memoria colectiva o infame Marqués de la Ensenada. Será ese momento que tanto desexamos un atrevido acto que se limite a derrubar a evidente violencia ‘simbólica’ que eses monumentos exercen, ou chegaremos a ser capaces de, como apunta Barnor Hesse, cuestionar o por que as súas historias foron normalizadas e convertidas en heroicidades, en símbolos patrios.

No actual escenario político só nos resta preguntarnos unha cousa, será capaz a sociedade española de aceptar a responsabilidade política de arrancar con vergoña, arrepentimento e coherencia esa páxina da súa historia que condiciona o presente dos racializados deste país?

Por Daniel Jiménez
Por Manuel Fernández
Por Pedro Antonio Calahorra
Por Miguel Anxo Fernández
Por Ilías Tahiri
Por Mohammed Bouderbala
Por Mame Mbaye
Por George Floyd
Por Lucrecia Pérez
Por todos os nosos mortos, faremos que pase.

* Kale Amenge (Ciganos polos nosos) é unha organización política romaní independente que traballa pola emancipación colectiva do pobo Roma e a construción de autonomía política cigana www.kaleamenge.org

El Salto Diario