No ensaio Vidas culpáveis, subtitulado O controlo neoliberal do crimeBorxa Colmenero mapea as metamorfoses do sistema penal do Estado español. Refuga lugares comúns da crítica á prisión, detecta contradicións, diagnostica a dominación neoliberal tamén na maneira en que as sociedades tratan co crime.

Alérxico a simplismos e debedor das teses foucaultianas sobre o control e a disciplina nos estados capitalistas modernos, Colmenero alerta da deriva “excepcionalista” da lexislación e de como esta busca non só reprimir se non tamén “fabricar inimigos”. O modo de funcionamento do sistema, engade, é “moito máis complexo” do que adoita supor o movemento antirrepresivo.

O autor presentará Vidas culpáveis, publicado por Edicións Laiovento, no centro social A Comuna da Coruña esta quinta feira ás 20.30 horas, a sexta feira ás 20.00 horas na Fundaçom Artábria, e a quinta feira 30 de novembro na Gentalha do Pichel en Compostela.