LAUREANO ARAÚJO

Non hai quen faga o ben, señor arcebispo

O dereito pode interesarse pola ofensa, pero, en xeral, os insultos persoais deixaron de ter relevancia xurídico-penal. Por que entón protexe o lexislador as crenzas relixiosas contra os agravios? Quizais porque considera que o nivel de tolerancia dun crente non é comparábel ao dun non crente? E non resultaría isto aldraxante para o primeiro?


LAUREANO ARAÚJO

A onde vas, Israel? II. Unha democracia que coloniza e segrega?

Israel –un minúsculo Estado xudeu no medio do enorme mundo islámico– é o único país occidental baixo ameaza, aínda que desde a Guerra de Yom Kippur de 1973 nunca foi atacado por outro Estado. Controla militarmente gran parte de Cisxordania, incluídos os barrios orientais de Xerusalén, e mais os Altos do Golán, territorios capturados todos en 1967, na Guerra dos Seis Días